Sáb, 06 Out 2018, 11:39
Asunto: Unha crítica construtiva sobre os sorteos de dorsais
Vaia por diante que aprecio como ninguén o labor que tanta xente fai para que este foro (que levo lendo máis de 11 anos lendo, aínda que tardei en rexistrarme) non só sobreviva senón que progrese e se adapte aos novos tempos, e que polo tanto o ton desta mensaxe é positivo: imaxinade que hai un «
» ao final de cada parágrafo e non un «
»!
Por suposto acollín con grande entusiasmo a iniciativa dos sorteos de dorsais e xa participei en dous sen resultar agraciado. Cría que era simplemente unha cuestión de probabilidade; pero, ao mirar a páxina de
Randorium do último, descubrín que nin sequera fora incluído no bombo. Fun mirar ao outro… E tampouco!
O primeiro sorteo: Brión
No
sorteo de Brión, sendo o primeiro no que participaba, loxicamente lin o regulamento detidamente e vin que cumpría todas as condicións. Á vista do que relato máis abaixo, deduzo que fun excluído porque teño un
nick diferente no circuíto e non é práctico facer comprobacións exhaustivas, máxime tendo en conta que o combustible que alimenta o circuíto é un recurso non renovable: o tempo libre de persoas que se dedican a isto por amor á arte. Dito isto, tamén é certo que nas bases do sorteo non se indicaba nada disto, pero todos cometemos erros.
O segundo sorteo: Santiago
En canto ao
sorteo de Santiago, tamén eu debo entoar o
mea culpa, posto que lin as bases por enriba e parecéronme iguais ás do outro (e ás dalgún máis no que considerei participar). Polo tanto, é moi probable que non lese que aquí si que se esixía a igualdade de
nicks. E digo «moi probable» (e non «seguro») porque as bases do sorteo foron editadas dúas veces, polo menos unha das cales despois de terse pechada a inclusión de participantes. Dou por feito que as edicións serían da forma e non do fondo, pero non resulta estético efectuar modificacións a esas alturas.
En calquera caso, o que si que debería ter visto son os avisos a outros foreiros de que quedaban excluídos por ter dous
nicks distintos.
De todos os xeitos, o que non entendo é: se o obxectivo de todo isto é aforrar traballo e non ter que ir mirar quen está detrás de cada
nick, ¿por que se está facendo esta comprobación igualmente?
Con todo, non teño un gran cargo de conciencia por non terme fixado máis, dado que se esixían nicks unificados antes do comezo do sorteo, circunstancia que en ningún caso podería ter previsto.
Pero ¿por que dous nicks?
No meu caso, non teño dous
nicks porque sexa raro nin maniático (de feito, levo anos querendo ter o mesmo), senón por unha curiosa situación.
Empecei a participar no circuíto en 2013, xa que antes era menor de idade. Cando intentei inscribirme co mesmo
nick que levaba moito tempo usando no foro, non puiden facelo porque alguén collera o nome «Fer» (sen punto) no circuíto, aínda que naquel momento iso non era visible na listaxe de inscritos. Logo probei con outro nome (segundo se me suxeriu desde o circuíto) e tamén estaba collido, o cal tampouco era visible. Ao final, solicitei inscribirme cun nome rebuscado que nin sequera me gusta para poñer fin ao proceso dunha vez.
Agora atópome con que, de súpeto, se penaliza esta bicefalia, á que só vexo unha solución: cambiar o
nick do foro, que me gusta e co cal me identifico, despois de 7 anos xuntos.
Esta medida paréceme un pouco drástica e non sei se será mellor perder algúns euriños e manterme á marxe dos sorteos…
Por outra banda, cambiar o meu nome no circuíto segue sen ser unha opción porque «Fer» (sen punto) seguiu participando estes anos (a miúdo con cero puntos, pero inscribíndose). Por certo, ¿non hai ningunha política que impida crear un usuario no foro cun nome (case) igual a un do circuíto (e viceversa)? Non sei se «Fer» (sen punto) chegou antes ao circuíto de que eu me rexistrase no foro ou foi ao revés, pero visto con retrospectiva tería sido mellor previr esta situación.
A pregunta máis importante: ¿Para que escribín todo isto?
O obxectivo principal deste fío é axudar a que o circuíto mellore, invitando a reflexionar sobre estas cuestións.
De paso, se alguén ten algunha suxestión sobre como amañar a miña situación (evidentemente de cara a futuros sorteos; os outros xa os dou por perdidos), estarei encantado de escoitala!