Foros ›
V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
MontesDeVigo

Organización
Organización
10/09/18
1 Carreiras
7 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 13 Set 2018, 8:35
Asunto: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18



A Mancomunidade de Montes de Vigo organiza a "V Trail Montes de Vigo" e a "I Andaina pola Rexeneración dos montes de Vigo" para o domingo 14 de outubro, coincidindo co 1º aniversario da catástrofe incendiaria vivida en cinco das trece comunidades de montes de Vigo.

REGULAMENTO

1. Obxectivo
Búscaser con esta xornada deportiva mobilizar tanto aos corredores e corredoras de trail como aqueles cidadáns e cidadás que queiran achegarse ao monte para realizar exercicio físico.

2. Probas (ver abaixo trazado):
- Trail "Montes de Vigo": 26km, desnivel +1536 ... saída: 9:30
- Trail curta "Montes de Vigo": 13,7 km, desnivel +763 ... saída: 10:30
- Carreira popular "pola rexeneración dos montes de Vigo": 7,9 km, desnivel +329 ... saída:10:00
- I Andaina "pola rexeneración dos montes de Vigo": 7,9 km, desnivel +329 ... saída:10:00

3. Categorías:
Nas probas deportivas (tres primeiras) haberá as seguintes: absoluta (masculina e feminina), así como veteranos 45 ou máis e veteranas 40 ou máis.
A andaina realizarase con afán divulgativo e participativo.

4. Inscrición e prezos: premendo aquí
Prazo de inscrición: dende o 1 de xullo
- ata 30 de setembro:

Trail: 20 euros
Trail curta: 15 euros
Carreira popular: 5 euros
Andaina: 5 euros
- 1-10 outubro:
Trail: 25 euros
Trail curta: 20 euros
Carreira popular: 5 euros
Andaina: 5 euros

A inscrición dá dereito a participar na proba escollida, así como os correspondentes abastecementos e seguros.
Tamén se porá a disposición dos/das participantes duchas e aqueles obsequios que consiga a organización.

Pincha para ampliar a imaxe.


Trail 26km ... todo o trazado vermello
Trail curta 13,7km ... trazado vermello á dereita de Fragoselo

Carreira Popular 7,9km ... trazado azul
Andaina 7,9km ... trazado azul


5. Organización
5.1 Lugar de inicio e finalización: Fragoselo (Coruxo)Enlace a Google Maps
5.2 Sinalización e controis. Os distintos percorridos estarán sinalizados con cintas de plástico, sendo obrigado o paso polos controis establecidos.
5.3 Tempos de paso. A organización publicará os tempos de corte en cada control. Os/as corredoras que non acaden os controis nos tempos máximos, deberán retirarse da proba e quedarán fora da cobertura da organización.
Os responsables de cada control e os "corredores escoba" terán potestade para retirar da proba a calquera corredor/ra se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde así o aconsella.
O/A corredor/ra que se retire durante o transcurso da proba deberá avisar ao control máis próxicmo e facer a entrega do dorsal.
5.4 Abastecementos. Existirán abastecementos líquidos e sólidos que serán comunicados no momento do inicio da proba.
5.5 Descualificacións. Quedará descualificado/a todo o/a que non cumpra co presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, deteriore ou enporque a contorna, non leve o seu dorsal ben visible ou desatenda as indicacións da organización.
5.6 Auxilio a accidentados. Os/as participantes están obrigados/as a auxiliar aos/ás accidentados/as e a respectar as normas de circulación nos cruzamentos con estradas.
5.7 Veículos autorizados. Os únicos autorizados a seguir a proba serán os designados pola organización. Para evitar posibles accidentes queda totalmente prohibido seguir aso corredores/as en moto, bicicleta, quad ou similiar.
5.8 Premios. Entregarase un premio-trofeo aos tres primeiros de cada categoría das probas deportivas.

6. Declinación de responsabilidade en caso de accidente, neglixencia ou perda de obxectos persoais. A organización declina a súa responsabilidade nestes casos e os/as participantes exoneran á organización de toda responsabilidade en caso de accidente ou lesión.
7. Protección de datos.
Todo/a participante está autorizando á publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba polo feito de inscribirse, sendo o emprego destes datos para o desenvolvemento da proba, para a publicación de imaxes ou videos da proba, podéndose empregar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento.
Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado do que é responsable Montes de Vigo. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na lexislación vixente.

8. Máis información. A partir do mes de setembro colgarase neste blog máis información. Para calquera cuestión está dispoñible o teléfono 608 046 047 ou o correo montesdevigo.servizos *arroba* gmail . com


Última edición por MontesDeVigo o Ven, 14 Set 2018, 10:50; editado 1 vez
MontesDeVigo

Organización
Organización
10/09/18
1 Carreiras
7 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 14 Set 2018, 10:46
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18

PROMOCIÓN PARA GRUPOS NA TRAIL MONTES DE VIGO 2018

A organización da Trail de Montes de Vigo decidiu facer unha promoción do 25% de desconto para clubs deportivos ou grupos de trail que queiran participar na Trail e na Trail curta a celebrar o vindeiro domingo 14 de outubro. Podedes inscribiros grupalmente. AQUÍ

Davidi

Maratoniano
Maratoniano
2/08/10
90 Carreiras
678 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Out 2018, 18:32
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18

Me apunté al.corto. alguien sabria decirme si es un trail muy técnico?
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 7:28
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18

Ola Davidi, de momento non se sabe nada, so é que está publicado aquí, as fotos do recorrido por google maps, e os desniveis. Nin idea se ten baixadas técnicas, ou se ten, zonas difíciles (non o creo pero non o sei).
Davidi

Maratoniano
Maratoniano
2/08/10
90 Carreiras
678 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Out 2018, 14:02
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18

Gracias!! Voy un poco a la aventura. Si es muy técnico pues a tomarlo con calma...
MontesDeVigo

Organización
Organización
10/09/18
1 Carreiras
7 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 09 Out 2018, 14:04
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18

Boas a todos e desculpade o retraso na contestación.
Os asesores deportivos coméntannos que temos abundantes zonas técnicas, como as zoas das cordas (só trail) que se van habilitar. Non teñen dificultade pero non son zoas por onde se poida correr en baixada. Tamen hai zoas de pedras, que son en subida e sen dificultade.
Dado que estiveron traballando ata fai pouco no monte con talas e desbroces, hai algunha zona de baixada con restos de cortas trituradas e teñen restos que esbaran.
A partir de mañán poranse os tracks definitivos e resto de información no blog montesdevigo.blogspot.com

montesdevigo.blogspot.com/
Organización Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeración dos Montes de Vigo
MontesDeVigo

Organización
Organización
10/09/18
1 Carreiras
7 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 10 Out 2018, 10:59
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18

Dispoñibles os trazados e tracks da Trail Montes de Vigo no seguinte enlace:
montesdevigo.blogspot....izada.html

montesdevigo.blogspot.com/
Organización Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeración dos Montes de Vigo
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Out 2018, 17:53
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18

Grazas pola info
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 14 Out 2018, 16:00
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18

Precioso trail ao que acompañou o tempo climatolóxico. Unha proba de que podemos desfrutar dos nosos montes dun xeito respectuoso. Si ao monte e non a megaproxevtos comerciais que pretenden desfacelo.
Moitas grazas a toda a organización pq estivo todo de 10. Moita xente colaborando e facilitando a carreira aos que andabamos nela. Para o ano máis e mellor. Viva o monte !!!!
MontesDeVigo

Organización
Organización
10/09/18
1 Carreiras
7 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 14 Out 2018, 16:44
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/1

Concordamos contigo tal e como o recollemos na entrada do blog que acabamos de subir
montesdevigo.blogspot....018-4.html
Tamén queremos agradecer a actitude dos/das participantes, que fixeron que por parte da organización estemos satisfeitos. Asemade, tamén asumimos erros comunicados e melloras de cara novas edicións. Desculpas para algúns afectados/as directos e grazas pola comprensión a outros/as.
Agardamos vernos en vindeiras edicións. A descansar

montesdevigo.blogspot.com/
Organización Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeración dos Montes de Vigo
Davidi

Maratoniano
Maratoniano
2/08/10
90 Carreiras
678 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 14 Out 2018, 21:29
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18

Fui desde Coruña y solo puedo felicitaros por este trail. Las vistas de la ria espectaculares. El recorrido de 10. Al llegar avituallamiento mas que completo con cerveza y bocatas de jamon. Pena que no pude ir al sorteo de regalos.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 15 Out 2018, 6:43
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18

Moita grazas por organizar esta proba. É un pracer disfrutar de un recorrido moi chulo, con unhas vistas preciosas. Onde ademáis de estar todo ben organizado, se nota o cariño das persoas que se involucran.
Os detalles a mellorar, é poñer algún punto de control, e tamén mellorar os puntos conflictivos onde poida dar pe a equivocacion. No deixar de organizala.
karris

Foreiro Senior
Foreiro Senior
16/10/12
16 Carreiras
350 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 15 Out 2018, 13:54
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18

Onte puidemos pasar unhas horas de lecer polo monte gracias á organización deste trail e o traballo inmenso de todos os voluntarios e voluntarias (que menos que parar a charlar con eles cando bebiamos auga :P). Perfectamente sinalizado, só nos confundimos nun punto no trail longo por ir un pouco cansos xa. Voluntarios en moitísimos puntos do trazado, xente simpática nos avituallamentos, día sen choiva que permitiu desfrutar das vistas (sobre todo subindo ao parque forestal de Coruxo) da Ría de Vigo, bocatas de xamón e cervexa fresca ao chegar... Qué máis se pode pedir? Pois sorteo de regalos e xamóns ao finalizar!
Pensei que o máis duro sería a primeira parte, a subida ao Alba, que no track semellaba o máis empinado, pero dende preto de chegar ao parque forestal de Oia ata o de Coruxo, eses zigzags que buscaban o sube baixa déronlle rockandroll do bo ao trail. Felicidades!
home_de_nejro

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/01/09
0 Carreiras
303 Mensaxes
http://www.casadebrea.com
Respostar citando Envío Mar, 16 Out 2018, 9:32
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18

Boas, eu fun un deses que nos dous ultimos km de baixada perdeuse por non estar ben sinalizado.....Espero que para o ano que ven, me senalicedes todo con frechas luminosas......asi non farei 30 km, en vez dos 26 km e pico....jjjjjjjjjjjj
Polo demais agradecer aos voluntarios todos que estiveron sempre nos puntos de cruces para que non nos perderamos. Felicitar tamén a organización, ainda que eu cando cheguei xa non tiña nin forzas para comer xamon.

Por certo.....e volvo a repetilo aquí, sería moi interesante que ademais de cervexa puxerades sidra para os que somos alerxicos a cervexa....:-)

www.casadebrea.com
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 16 Out 2018, 10:21
Asunto: Re: V Trail Montes de Vigo e Andaina pola Rexeneración 14/10/18

Eu tamén acordei de aportar algo que sería xenial para a vindeira edición. Que a zoa de chegada estivera libre para calquer participante, chegue no posto que chegue. A min me resultou un pouco "feo" chegar despois de tres horas largas de trail á meta e estar chea de xente tendo que pasar polo medio de todo o mundo para coller a bebida e incluso restándolle valor "ao meu momento" e ao momento dos participantes que viñan detrás de min. Tanto valor, e sobretodo respecto, ten e merece o primeiro como o último dos participantes


Última edición por gertiz o Mar, 16 Out 2018, 11:21; editado 1 vez





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos