Lun, 08 Out 2018, 11:28
Asunto: Re: XII Carreira Popular de A Coruña (Coruña 10) 07-10-2018
Pois a verdade e que neste caso, ademais de un mal regulamento, debeu haber máis problemas nese aspecto. Non sabía nada, pero queda claro que algo fixeron mal (creo que en outros anos tamén sucederon inxustizas)
Este regulamentos son complicados. Non indican/matizan que significa galego, nado en Galicia (se é así, os de "Maracena" e "Ouargui" xa non cumpren, salvo que teñamos algún acordo con eles.
Nese mesmo debería quedar marcado o de "coruñés/a", a quen se refire, os da cidade de A Coruña, os nacidos na provincia da A Coruña, os empadroados na cidade de A Coruña, os empadroados en calquera cidade da provincia de A Coruña?
So queda claro, que debido a que en caso de varios premios se pode elixir o de mellor contía, logo sería algo así, en Masculino.
1º Galego Manuel Hurtado Sanjurgo (Lugo) 400
2º Galego David Santos Domínguez (Ordes) 300
3º Galego Carlos Porto Pazos (Vigo) 200
Pasando así os da posición 9,10 e 11, a recibir o premio de 6º, 7 e 8º
Sendo o primeiro de A Coruña o da posición número 12, sempre e cando sexa nado ou empadroado na cidade de A Coruña, baseándonos na clasificación que está subida.
A verdade que cando existen premios económicos tan elevados, o regulamento debería ser moi claro, que neste caso non é, ademais ditaminando so por clasificación o primeiro de Coruña é entrado na Posición 14: Anxo Castro Varela.
A partir de aquí xa sabemos como é a Federación, lenta e impasiva . Esperemos que corrixan e rectifiquen.