Sáb, 20 Out 2018, 17:44 Asunto: Lalín, Ruta dos Pazos e Ponte Taboada
Co motivo da instalación da sinaléctica da Ruta dos Pazos e Ponte Taboada que será o PR G - 234 Roteiros de Lalín e o Concello de Lalín organiza un roteiro por este traxecto. A Andaina ten 13 quilómetros. O percorrido é lineal pero para o regreso hai autobús (opcional) para os que así o desexen. O percorrido vai polo Paseo Pontiñas, Carballeiras de Estivelle, igrexa barroca de Donsión, Vía da Prata, Muíño do Escribano, Castro e Castriño de Bendoiro, Pazo de Bendoiro, Igrexa de Prado, Pazo de Eirixe, Pazo de Liñares, Carballeiras da Devesa de Liñares e Ponte Taboada. Inscrición e máis información en www.roteiros.lalin.gal
Podes publicar novos temas Non podes responder a temas Non podes editar as túas mensaxes Non podes borrar as túas mensaxes Non podes votar nas enquisas Non podes adxuntar arquivos Non podes descargar arquivos