Xov, 18 Out 2018, 8:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Eu que pensaba que este diario estaba convertido nun recuncho afastado, case anónimo, un ramal de estrada secundaria, e me encontro con este rebrote actividade. Benvido sea!
Polo demais , pouca cousa que resumir do que vai desta semana a nivel atlético: Inscripción na San Martiño efectuada, e onte sesión de ximnasio, que pensei que ía a ser con Jota despois de tantos meses, pero non, cando eu entraba a el lle tocaba de irse. Así que novamente con Gonzalo, que non para de dicirme que estou forte, que estou ben, que perda o medo, que me esixa a fondo que me dea caña, que corra a tope sen freno...
- " Pero se xa vou a tope dándoo todo e non baixo de 6 min/km de media
"
-" Eso será porque non queres"
Así, sen turno de réplica, sen perdón, coma Clint Eastwood. E acto seguido os 20 minutos de electroestimulación e exercicios, sen pausas de recuperación nin paradas da máquina. E os estiramentos a fondo
- " De aquí á carreira imos facelo sempre así, e verás como gañas en resistencia"
Xa veremos se o garmin lle da a razón mañá, pasado e domingo.