Lun, 29 Out 2018, 10:02
Asunto: Nocturna do Xalo (24 de novembro)
Chega a Nocturna do Xalo! Toda unha experiencia para a noite do 24 de novembro polas pistas e camiños máis espectaculares do monte. Con saída e meta en Culleredo, e dobre modalidade, de andaina e carreira, organizada pola asociación Castelo Deporte coa colaboración do Concello de Culleredo.
As inscricións están limitadas a 150 participantes nas dúas modalidades. Decenas de voluntarios coidarán dos participantes en diferentes puntos do monte, e á chegada unha gran festa recibirá aos valentes que se decidan a participar, con churrascada incluída preparada polos veciños e as veciñas de Castelo.
Inscricións abertas ata o 20 de novembro! Toda a información está en
www.nocturnadoxalo.gal, e nas redes sociais de Castelo Deporte.