Mér, 31 Out 2018, 16:33
Asunto: Re: Centro Alto Rendimiento Marisqueiro (CARMA)
Resumo da fin de semana do 27 e 28 de outubro de 2018
Chegou o frío a terras galegas, pero as nosas nécoras non se amedrentar con calquera cousa. Así que o venres tocou a festa do C.A.R. Marisqueiro: a presentación oficial desta nova tempada. Festa que veu acompañada da participación nas seguintes carreiras ao longo da fin de semana:
-41 Carreira Pedestre Popular de Santiago
-VI Carreira solidaria pola Esclerose Múltiple
-38 Grande Premio Atletismo Da Silva (Barcelos)
41 Carreira Pedestre Popular de Santiago
Nunha das clásicas galegas do calendario atlético, coa xa famosa costa de Vite e a preciosa estampa da chegada na praza do Obradoiro, participaron estas 4 nécoras:
sonsuso 111 44:42
cachofoucellas 250 47:41
Lete 484 50:34
Canido 887 54:19
Unha carreira especial, distinta. Como asegura
sonsuso:
"Comezar subindo a costa de Xoan XXIII, na que nunca sabes ben que facer. Logo esas rúa polo escuro Ensanche. A parte do Campus, na que parece que vas adestrando como calquera outro día da semana. Despois un quilómetro e pico por Galeras e Salvadas, que pouco agradecido é esta parte! Pero chega Vite, a que para min é a mellor parte da carreira. No fondo, todos sabemos que levamos 9km esperando a que chegue ese momento (para ben ou para mal, pero é o momento). Un penúltimo quilómetro recuperándote do peor… e preparándote para o mellor: un tobogán pola zona vella. Zona vella que está chea de público e cun ambiente especial. Isto é a Pedestre! E por isto ten case tres mil chegados a meta!"
VI Carreira solidaria pola Esclerose Múltiple
Gran participación nesta carreira! Na que ademais, unha semana máis, "a negra" non se baixa do pódium.
5k
Cristian.Valencia. 18:48. (12) 1º Sub 24 Masculino
Jose. 19:20. (15) 4º Senior Masculino
lisi. 25:24. (66). 1ª Veteranas B Feminina
elisa. 26:19. (76). 3ª Veteranas A Femenina
10k
Moussambani. 35:58. (8). 3º Veteranos A Masculino
gdmfirm 36:22. (10). 2º Senior Masculino
Sanmikel. 37:36. (17). 6º Veteranos A Masculino.
Quini. 39:04. (24). 9º Veteranos A Masculino
carioco. 39:28. (30). 9º Veteranos B Masculino
jgvillanueva. 39:55. (32). 11 Veteranos B Masculino
cruco. 42:42. (72). 20 Veteranos B Masculino
fonvigo. 44:48. (110). 38 Veteranos B Masculino
kapioviedo. 45:46. (139). 49 Veteranos A Masculino
Garabatos. 47:43. (190). 67 Veteranos B Masculino
luciernaga. (281). 18 Veteranas A Feminina
JR 54:04. (326). 97 Veteranos A Masculino.
Ademais de que como equipo, quedamos en 2º lugar, con 12 membros e unha media de 42' no 10k.
Como di Patri,
"parece que está nueva camiseta da alas." Pero non so é a camiseta, senón o resto de compañeiros, pois
Garabatos agradece que
kapioviedo "me ofreció su generosa y confortable espalda para quitarme el aire en el sitio que más soplaba. Hice dos minutos y medio menos que mi única anterior participación en esta carrera. Gracias al equipo, a la camiseta y a kapioviedo." Podedes ler o resto das súas crónicas no enlace que hai abaixo!
38 Grande Premio Atletismo Da Silva (Barcelos)
En terras lusas tivemos a tres compañeiros!
Lybri 34:31
Luis Sa 35:48
Gonçalo Domíngues 39:29
CARMA dominicales
Non todos competiros. Algúns adestraron, outros non. Pero un grupito de nécoras acercouse ata a ecopista entre Valença y Vila Nova de Cerveira (30 km) como parte da súa preparación para a Maratón de Valencia de decembro.
Moterodeseco,
assis,
isaac.f.m.,
aurora e
Kyusvi participaron neste adestramento coa compañía en bicicleta de
chancletas e
Gorka.
---------
Isto foi todo por esta fin de semana. Como sempre, podedes consultar todo tipo de detalles, fotografías e minicrónicas que escribiron as nosas nécoras no enlace:
Minicrónicas da fin de semana do 27 e 28 de outubro.