Lun, 15 Out 2018, 19:05
Asunto: Re: III Trail Ribeira Sacra
mlestonf escribió: |
Nunca vira a Xavi Rabacallos tan esgotado. Non podía nin sorrir, taba desfeito. Debeu de ser durísima para doblar semexante touro |
Maiciña querida....se dende saída ate o Mosteiro é dura....dende Santo Estevo ate Pe do Home nunca vin tal....baixada ó Sil, medio KV de Loureiro ( 1KM +350) , descenso super técnico, ascenso duro A Rasa, nova baixada ó Sil o carón do Embarcadoiro, petada a Pe do Home.....10km "serrucho" , técnicos, infernais...
Coido que non sufrín nunca tanto, pero a pesares de rematar DESTRUIDO hoxe non me cabe unha faba no cú por rematala,jeje
Organizacíon EXPECTACULAR, sen dúbida a carreira do 2018 en Galicia por todo ( percorrido , avituallamentos, paparota final, voluntarios, mochila agasallo , etc... ) pero sobre todo pola cercanía da boa xente da organización con Xabiro a cabeza.
Con estas persoas da gusto, atendendo calquera dúbida por messenger, preocupándose pola pernocta do sábado dos corredores.
Por primeira vez na miña vida non lle podo poñer nen un pero a un evento montuno( raro raro ehhh jeje ), nen tan xiquera os 2km incómodos de pista, case que viñeron bén pra soltar pernas.
En cantos sitios vos trataron así nunha distancia maratón por eses cartos ¿?
Resumo: matrícula CUM LAUDE pra millor carreira do 2018 en Galicia con diferencia ¡¡¡¡!!!!