Mar, 30 Out 2018, 18:28
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais Media Maratón Vig-Bay (07/04/19): ata
Quero participar neste sorteo, xa que:
Que vou dicir desta Media, unha das 2 carreiras imprescindibles, da miña axenda.
Xa van 11 edicións disputadas dende a edición do 2006 (era a miña 6ª M. M.), a famosa polos ventos que nos azotaron durante toda a carreira, e ao paso por Praia América, era case que imposible avanzar e a area da praia golpeabache con forza no corpo. Unha edición na que fun con problemas gástricos e costoume moito rematar, unha edición na que o gran Manuel Rosales adiantoume e ao pouco caeu e tivo que ser evacuado coa cara ensangrentada , unha 1ª edición na que nos 3 derradeiros Kms. adiantoume ata o tato, xa que ia sen forzas polos problemas gástricos. Unha 1ª edición que me enganchou para sempre a esta carreira.
Así empezou a miña relación de amor/odio, con esta carreira, xa que creo que nunca saín plenamente satisfeito co resultado. Nunca pasei unha "pajara enorme", pero sufrín en varias edicións para rematar, facéndoseme agónica a chegada a Baiona, que a vas vendo en lontananza, e en vez de acercarse parece que se vai alonxando por momentos. Pero que satisfacción cando encaras o derradeiro Km. repleto de xente aplaudindo e berrando a rabiar, para animar a eses sufridores que están rematando.
Unha Media Maratón, na que antes do Boom do atletismo popular estaba entre as primeiras de España en número de participantes, acudindo moita xente de fora de Galicia e un montón de corredores de Portugal, por todo o que ofrecía e ofrece.
Unha carreira na que tiveron que cambiar o percorrido, no que se daba unha volta por Samil antes de encarar a ruta cara Baiona, pero que o aumento incesante de corredores, facía que os primeiros da carreira caseque absorveran aos derradeiros. De ahí ven o engadido por Praia América, e a voltiña por Punta Lourido.
Unha carreira na que se fai un exercicio de loxística impresionante, por parte da organización e tamén dos corredores. Cun avituallamento impresionante ao rematar, cun ambientazo de festa na fermosa Baiona ao remate, con centos de persoas nos Bares e restaurantes.
Así que se as lesións me respetan, estarei encantado de voltar a participar este ano, e dalo todo unha vez máis entre Samil e Baiona.
P.D.: a organización non me paga nada por escribir este post.
Última edición por Kurty o Xov, 01 Nov 2018, 22:03; editado 1 vez