Cita: |
A mediados da década pasada houbo unha suba exponencial de persoas afeccionadas ao running e a todas as súas variantes. O exercicio de correr, de ir rápido parecía estar ligado a unha vida máis sá e plena. Todo son beneficios para a nosa saúde. Mais a cuestión é que se estamos facendo ben un deporte que nos gusta, ou se estamos arriscando unha parte da nosa saúde por outra. |