Foros ›
XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 29/12
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
concellocesures

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/05
0 Carreiras
144 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2018, 12:00
Asunto: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 29/12

Boas amigos/as. Un ano mais pasámonos por aquí a difundir esta carreira popular que organizamos dende o Concello de Pontecesures o sábado 29 de decembro de 2018 a partir das 16:15 h.

Esta é a 19ª edición desta proba, que terá un percorrido de 9.000 metros. Os/as que viñechedes o ano pasado, o circuito será o mesmo que o do ano pasado, EXCEPTO o REGRESO, que NON SE FAI POR ESCALEIRAS e si volvendo pola rua central.

Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

A saída e chegada de tódalas probas será na Praza do Coche de Pedra, no centro urbán de Pontecesures.

A inscrición deberá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal con data límite o xoves 27 de decembro ás 23.59 horas.

Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.

Teléfonos de información xeral da proba:

986 564 410 / 986 564 403 (Concello de Pontecesures)

Camiseta para os 400 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías escolares.

Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta (9 km aprox.) (premios NON acumulativos).

Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás na categoría biberóns onde non haberá clasificación (entregarase medalla a tódolos participantes).

Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba.

Como novidade, este ano haberá premios para os clubes na proba absoluta (9 km):

PREMIOS A CLUBES FEDERADOS
POSTO IMPORTE
1º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 300,00 €
2º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 200,00 €
3º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 100,00 €

A clasificación de clubes establecerase a través dos 8 primeirosclasificados do mesmo pola suma dos seus postos na clasificación xeral da proba absoluta. Os clubes federados deberán estar compostos alo menos por 8 compoñentes, sexan homes ou mulleres, con licencia federativa en vigor que logren cruzar a liña de meta.

A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e realizarase no Centro Social de Pontecesures [no día da proba –xoves 27 de decembro de 2017– de 15.00 a 16.15 horas], a carón da saída das probas.

A entrega de premios será na Praza do Coche de Pedra ou, en caso de mal tempo, no Centro Social.

Pinchando aquí accederedes o regulamento da proba:

pontecesures.org/recur...S_2018.pdf
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2018, 12:07
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 2

Un que xa se inscribeu. Fai anos que non corro e sempre me pareceu un percorrido e circuito moi interesante e bastante chan, propicio para correr.

Vémonos o 29 Guiño

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
concellocesures

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/05
0 Carreiras
144 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2018, 12:10
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 2

derek escribió:
Un que xa se inscribeu. Fai anos que non corro e sempre me pareceu un percorrido e circuito moi interesante e bastante chan, propicio para correr.

Vémonos o 29 Guiño

Amigo foreiro, moitas grazas por estar xa anotado. Ten en conta que o ano pasado cambiamos o percorrido, apmpliandoo dos 5 kms escaso ós 9 Kms que xa percorreron os atletas o ano pasado. Vemonos o 29 Guiño
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2018, 12:13
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 2

Si, seino. E gústame o cambio de distancia ademais, por elo alí estaremos. E grazas a vós por organizar un ano máis esta proba, con todo o esforzo que supón, para os que nos gusta esto poidamos correr.

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
kartiza

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/11/07
0 Carreiras
199 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Xov, 15 Nov 2018, 14:58
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 29/12

Si todo va bien, allí estaré!
yomismo

Experto no foro
Experto no foro
16/12/05
0 Carreiras
5801 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Nov 2018, 7:51
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 2

derek escribió:
Un que xa se inscribeu. Fai anos que non corro e sempre me pareceu un percorrido e circuito moi interesante e bastante chan, propicio para correr.

Vémonos o 29 Guiño

Bastante chan? Ríndose Ríndose Ríndose Iván se nota q no probaste el nuevo circuito jeje Mr. Green Silbar Guiño
derek

Super Veterano
Super Veterano
25/04/06
0 Carreiras
2792 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 16 Nov 2018, 10:00
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 2

yomismo escribió:
derek escribió:
Un que xa se inscribeu. Fai anos que non corro e sempre me pareceu un percorrido e circuito moi interesante e bastante chan, propicio para correr.

Vémonos o 29 Guiño

Bastante chan? Ríndose Ríndose Ríndose Iván se nota q no probaste el nuevo circuito jeje Mr. Green Silbar Guiño

Jajajaja. Estás venido a menos, David Guiño Guiño

El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1311 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Ven, 16 Nov 2018, 12:38
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 29/12

Como ben di David, a carreira podía ser de todo menos chan e propicia para correr rápido, miña naiciña que costas !! Derek debeu correla en patín eléctrico, eso si, a min gustábame moito máis daquela maneira, para gustos...costas Razz

www.youtube.com/channe...subscriber
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 16 Nov 2018, 16:30
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 29/12

Eu corrinna hai moitos anos, cando creo que non chegaba nin a 5 Kms. e recordome que tiña algunha costa durísima.
Non sei se irei, terei que pensar se acudo a esta ou ao día seguinte ao trail curto en Lousame, vai depender das condicións metereolóxicas basicamente, se eses días están de choiva irei ao asfalto de Pontecesures.
concellocesures

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/05
0 Carreiras
144 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Nov 2018, 10:40
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 29/12

Kurty escribió:
Eu corrinna hai moitos anos, cando creo que non chegaba nin a 5 Kms. e recordome que tiña algunha costa durísima.
Non sei se irei, terei que pensar se acudo a esta ou ao día seguinte ao trail curto en Lousame, vai depender das condicións metereolóxicas basicamente, se eses días están de choiva irei ao asfalto de Pontecesures.

Ate hai 2 anos mantivemos ese percorrido duns 4,6 kms.
O ano pasado ampliamos ese percorrido prolongandoo por outras zonas do pobo, ate 9 kms.
Animate e vente probar este novo circuito.
concellocesures

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/05
0 Carreiras
144 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Dec 2018, 14:08
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 29/12

Estamos a 2 semanas de pechar a inscricion. O xoves 27 as 23.59 h pechase e despois non será posible inscribirse. Podedes facelo aqui:

www.carreirasgalegas.c...e9fd43ac00
concellocesures

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/05
0 Carreiras
144 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Dec 2018, 8:11
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 29/12

Ultimo día de inscricións para a nosa carreira. A partir da medianoite NON se farán mais inscricións, nin na plataforma, nin o dia da carreira minutos antes.
Quen queira vir correr poderá, pero sen dorsal da organización.
Xa sabedes, para anotarvos: www.carreirasgalegas.c...e9fd43ac00

¡¡¡ Moitas grazas e desexamos que a disfrutedes !!!
jorgillo

Maratoniano
Maratoniano
1/10/12
30 Carreiras
137 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Dec 2018, 16:59
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 29/12

Alguen ten o percorrido da carreira? mapa ou track? no seu defecto pois se se pasa varias veces cerca da saida? cuestion de si é vistosa para o publico, grazas!
concellocesures

Foreiro infantil
Foreiro infantil
16/11/05
0 Carreiras
144 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 27 Dec 2018, 17:20
Asunto: Re: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 29/12

jorgillo escribió:
Alguen ten o percorrido da carreira? mapa ou track? no seu defecto pois se se pasa varias veces cerca da saida? cuestion de si é vistosa para o publico, grazas!

Podes velo na nosa web:

pontecesures.org/verno...sp?id=1234





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos