Xov, 15 Nov 2018, 12:00
Asunto: XIX CARREIRA POPULAR CONCELLO DE PONTECESURES - SABADO 29/12
Boas amigos/as. Un ano mais pasámonos por aquí a difundir esta carreira popular que organizamos dende o Concello de Pontecesures o sábado 29 de decembro de 2018 a partir das 16:15 h.
Esta é a 19ª edición desta proba, que terá un percorrido de 9.000 metros. Os/as que viñechedes o ano pasado, o circuito será o mesmo que o do ano pasado, EXCEPTO o REGRESO, que NON SE FAI POR ESCALEIRAS e si volvendo pola rua central.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.
A saída e chegada de tódalas probas será na Praza do Coche de Pedra, no centro urbán de Pontecesures.
A inscrición deberá realizarse nas webs
www.carreirasgalegas.com e
www.atletismo.gal con data límite o xoves 27 de decembro ás 23.59 horas.
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba.
Teléfonos de información xeral da proba:
986 564 410 / 986 564 403 (Concello de Pontecesures)
Camiseta para os 400 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías escolares.
Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta (9 km aprox.) (premios NON acumulativos).
Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás na categoría biberóns onde non haberá clasificación (entregarase medalla a tódolos participantes).
Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba.
Como novidade, este ano haberá premios para os clubes na proba absoluta (9 km):
PREMIOS A CLUBES FEDERADOS
POSTO IMPORTE
1º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 300,00 €
2º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 200,00 €
3º CLUBE FEDERADO CLASIFICADO 100,00 €
A clasificación de clubes establecerase a través dos 8 primeirosclasificados do mesmo pola suma dos seus postos na clasificación xeral da proba absoluta. Os clubes federados deberán estar compostos alo menos por 8 compoñentes, sexan homes ou mulleres, con licencia federativa en vigor que logren cruzar a liña de meta.
A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e realizarase no Centro Social de Pontecesures [no día da proba –xoves 27 de decembro de 2017– de 15.00 a 16.15 horas], a carón da saída das probas.
A entrega de premios será na Praza do Coche de Pedra ou, en caso de mal tempo, no Centro Social.
Pinchando aquí accederedes o regulamento da proba:
pontecesures.org/recur...S_2018.pdf