Dom, 25 Nov 2018, 19:04
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
Domingo 25 e polo tanto
VII MEDIA MARATÓN SOLIDARIA ZONA ABERTA de Vilagarcía de Arousa.
Cheguei moi cedo, con hora e media de marxe, pero entre saúdos, café e fotos... quedan 20 minutos e eu sigo cos meus vaqueiros. Así que tocou facer todo ás presas. Sen quentar absolutamente nada, metínme na saída xuntos aos foreiros
Sanmikel e
jose.losada. Obxectivo: facer os tres marca persoal. Eles tiñan como MMP 1h21'05" aproximadamente e eu 1h20'36" (MM Pontevedra 2018). Así que a idea era ir aos tres a 3'49"/km constante, a ritmo de sub1h21'. Logo nos últimos quilómetros xa intentaríamos apretar.
Na saída un corredor cae no chan e creáse unha situación algo rara, de confusión. Parece que ao final todo quedou en nada, pero un susto foi. Polo que lin no fío da carreira no foro, leváronno ao hospital para facerlle unhas probas, pero que estaba ben. Boas novas!!!
Agora si, dáse a
saída. Como estaba sen quentar, non saín moi moi rápido nos primeiros metros. Pero aínda así
km 1 en 3:47,
km 2 en 3:49 e
km 3 en 3:44, demasiado rápido. Tiramos Sanmikel e máis eu, e é Pepe quen o comenta. Ten toda a razón, baixamos un pelín o ritmo. Formamos un grupiño de 5 ou 6 corredores, e do
km 4 ao km 8 os tempos saen en 3:52, 3:51, 3:49, 3:46 e 3:49. O km 7 saiu un pelín rápido, pero ese é o ritmo. Pola contra, jose.losada e máis eu quedamos sós. Sanmikel queda uns metros atrás, pouca cousa, se mantén o ritmo nos ten aí ao lado. Nós continuamos a ritmo pero, case sen darnos conta, xa estamos rodando a 3:47/km, pois do
km 9 ao km 14: 3:46, 3:48, 3:47, 3:49, 3:46 e 3:47.
Xusto despois do xiro de 180º ao redor do parque no km 13, paso o peor momento da carreira. Non vou nada cómodo e comezo a dubidar. Pero pasado o km 14, volvo a recuperar un pouco as sensacións e acelero, quizais buscando un ritmo no que o corpo vaia máis cómodo. Coa broma, o
km 15 sae en 3:45. Animo a jose.losada para que me siga pero dime que tire, que non me preocupe. A situación parecía controlada para os tres, porque el tiña na man o sub1h21 e sanmikel estaba pouco por detrás. Polo que me animei a tirar para adiante. A ver que pasaba.
Manteño o ritmo do km 15, pero entramos no centro de Vilagarcía e crézome:
km 16 en 3:44 e
km 17 en 3:43. Síntome con forzas. Alcanzo a catro corredores e fago con eles o
km 18 en 3:45. Xusto despois do km 18, hai un xiro de 180º no punto máis ao norte do circuíto. Aproveito para baixar o ritmo bastante durante a glorieta e tomarme un respiro, coller aire. Son só uns metros, pero por este motivo o
km 19 sae en 3:49. Aínda así, o ritmo sigue sendo bo. De feito, fago o
km 20 en 3:39.
Contrameta, miro o reloxo, e por primeira vez son consciente de que vou baixar de 1h20. Está feito! Manteño ritmo na contrameta e na curva, pero deixome levar na recta final, nada de sufrir, o traballo estaba máis que feito! A disfrutar!
Tempo neto: 1h19'42"
Tempo oficial: 1h19'46"
Hoxe si que o din todo, non me queda nada, estou vacío. Os últimos 1097 metros saíron en 4'07" (a 3:45/km). Miro por se chega
jose.losada, 1h20'03"! Marcaza!!! Baixa 1 minuto a súa anterior marca! Esperamos xuntos por
sanmikel, e fai 1h20'35"!!! Tamén marca e por medio minuto! Espectacular!!! Abrazámonos os tres, non podemos estar máis contentos (aínda que vaiamos medio mortos xD).
Trote moi suave duns centos de metros e para a ducha. Como di Sanmikel, como debía de estar eu que soltei un "se non queres non pasa nada eh". Non podía máis.
Un pracer poder saudar e charlar con tantos foreiros, dende volver coincidir con
Xoixe ata coñecer a
XoseM, xa ía sendo hora! O resto xa vos dades por máis que incluídos
O que si, non sei quen é
o corredor do Fontes do Sar que quedou nos primeiros postos e sempre que nos cruzábamos me animaba polo nome, sinto non saber o nome!
Por último, felicitar a
sanmikel e
jose.losada polo carreirón que fixeron. Noraboa cracks!
Agora toca descansar e seguir adestrando cun mínimo de continuidade. Ás pernas vanlle vir ben un descanso.