Foros ›
Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 17 Nov 2018, 15:58
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Xa sabes Sanmikel, basta que me dedique a esas cousas para que logo nin sumar saiba xD Toda a razón, correxido xa.
O mesmo digo Óscar, grazas a ti por animarte a facelo. Un pracer! Guiño
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 10:12
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Segunda semana (de dúas) pensando na MM Vilagarcía

Última semana das dúas nas que me ía centrar en velocidade e forza, pensando en Vilagarcía. Apretarei ata o mércores ou xoves, e xa logo pouca cousa para chegar descansado ao domingo.

Hoxe luns 19 quedei cedo con Gefreiter para facer un 2x5x300. Primeiro fixemos 21' de carreira contínua como quecemento, logo algo de técnica de carreira e uns progresivos. Rúa 8 das pistas, todo ben medido, alá imos! Nunca fixera series tan curtas así, polo que era unha incógnita. A idea sería saír xuntos á par, e xusto antes de chegar á curva poñerme detrás del e intentar seguir o seu ritmo.

O primeiro bloque de 5x300 saiu como segue (con recuperación de 1'30"): 53,3 - 53,1 - 53,1 - 52,7 - 52,8. Moi regular e con moi boas sensacións, aínda que o quinto xa costou. As 5 foron pola corda detrás de Gefreiter, pero nesa última el apretou na recta final e eu non o puiden seguir.

Tres minutos de recuperación e volvemos co segundo bloque: 51,5 - 53,4 - 55,5 - 49,0 - 51,3. A 1ª moi cómodo, na 2ª xa notei o cansancio, na 3ª sentía que non podía máis e comenteille que nas dúas últimas posiblemente tamén me deixase levar. Pola contra, na saída da 4ª sentínme con forzas e íamos á mesma altura, tanto que a curva fíxena polo exterior para ir á par e na recta tirei todo o que puiden para facer ese 49,0. A cabeza é moito máis importante do que pensamos! Para a última dime Gefreiter de coña se tiro eu, dígolle que non que non, que cachondeítos poucos, pero que se nos primeiros 50m me atopo ben, volvo intentalo. Así foi, saída moi rápida e collo eu a corda para tirar. Penso que me excedín, porque debín de pasar o 200 en 30" ou así. Tanto que no 230-240 baixei marchas porque me vía moi ao límite. Gefreiter adiántame e remato cun 51,3 sen apretar nos últimos 70m. Moi moi contento!

Volta a casa a trote suave para rematar con 9 km en escasos 50' de adestramento.
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 13:09
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

¡¡¡Mimadriña!!! Moi feliz Moi feliz Moi feliz
Non te vamos dar pillado. Como segues así, o entrenamento de Maratón podemos facer algo xuntos, pero correr o teu lado vai ser imposible!!!
O domingo buscate grupo de 3:45/km verás como o sacas.
Conmigo non contes Parar
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 19 Nov 2018, 22:30
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Píllasme píllasme Óscar! Eu coa broma estou adestrando bastante en serio dende xaneiro, salvo o parón de verán, porque pese a non ter un plan serio nin nada programado, si que estou tendo moita regularidade e adestrando cada vez mellor. Así que se ti fixeses o mesmo ca min, non tes problema ningún. Pensando na maratón VigBay, ademais de cuadrar adestramentos cando baixe a Vigo, seguro que tamén temos obxectivos moi similares para a maratón. Eu polo menos non vou a arriscar nadiña, intentar volver ser sub3h e se podo arañar uns segundos ás 2h57' da Coruña, pero nada máis, que non é pouco. Así que creo que imos poder ir xuntiños Guiño

Para Vilagarcía o domingo non sei, teño que pensalo, se ir modo kamikaze como ti propós, ou a asegurar un pouco e intentar baixar uns segundiños a marca, que creo que é algo factible. Dependerá, como ti dis, tamén de se hai grupiño ou non. O tempo dirá!
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 20 Nov 2018, 8:20
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Hoxe martes 20 fixen 10km escasos en 54 minutos con Gefreiter pola Alameda, coas pernas bastante cansas de onte. Mañá farei algo a ritmo vivo (algún mil ou algunha serie así longa), e logo xa descanso e modo recuperación para o domingo.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 24 Nov 2018, 12:14
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Mércores 21. Saín moi cedo pola mañá, notando o corpo moi canso e sabendo que non ía ser un gran adestramento. Primeiro 4km suaves, para logo facer 2 repeticións de escaleiras + costa de 300m (todo no entorno de Monte Pío). Para rematar, rodei outros 6 km algo por debaixo de 5'/km. En total 10km con sensación de cansancio e poucas forzas.

O xoves 22 tiña claro que ía descansar. Como a última hora do día tiña tempo, aproveitei para darme un baño en auga fría e xeos, e así ver se a musculatura recupera un pouco mellor o esforzo dos últimos días.

Onte venres 23 non puiden atopar oco. Así que tocou descanso, que mal non viña (hai que sacar sempre a parte positiva).

Hoxe sábado 24 saín a primeira hora da mañá a facer 20 minutos suaves, pouco máis de 4km.

Mañá estaremos na media de Vilagarcía. Coa idea de baixar esa 1h20'36" que fixen en Pontevedra, pero sen saber moi ben a que ritmo sairei nin cal é o obxectivo concreto. Maña espero sabelo xD
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1031 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 24 Nov 2018, 17:41
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Boas, antes de nada parabéns polos entrenos. Penso que tamén tés que ter en conta a mal tempo que, en teoría, vaí facer, e pode influir no teu resultado na proba. A partir de certos tempos, buscar mmp é complicado e toda axuda (trazado, tempo) é necesaria.
Moita sorte mañán.
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 24 Nov 2018, 18:18
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Suerte mañana con el tiempo, que parece que la tendréis. El resto lo tienes de sobra en las piernas.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Nov 2018, 18:34
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Moitas grazas Rufino e Anpefi! Lin as mensaxes hoxe pola mañá, mentres almorzaba, pero andaba xusto de tempo como para responder. Pero chegar chegaron a tempo os ánimos Guiño Ao final houbo sorte co tempo, pero como ti dis Rufino, hai factores que sempre hai que ter en conta, máis a eses ritmos por debaixo de 4'/km onde é case como ir a cuchillo, como se fose un 10km. De feito, e sen querer facer spoiler do que conte da carreira, sorpréndome de seguir baixando a miña marca, tanto que ás veces non teño en conta factores coma os que ti citas, porque penso que teño marxe. Pero ese marxe vai sendo cada vez máis pequeno. Mellorar o que fixen hoxe vaime costar moito.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Nov 2018, 19:04
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Domingo 25 e polo tanto VII MEDIA MARATÓN SOLIDARIA ZONA ABERTA de Vilagarcía de Arousa.

Cheguei moi cedo, con hora e media de marxe, pero entre saúdos, café e fotos... quedan 20 minutos e eu sigo cos meus vaqueiros. Así que tocou facer todo ás presas. Sen quentar absolutamente nada, metínme na saída xuntos aos foreiros Sanmikel e jose.losada. Obxectivo: facer os tres marca persoal. Eles tiñan como MMP 1h21'05" aproximadamente e eu 1h20'36" (MM Pontevedra 2018). Así que a idea era ir aos tres a 3'49"/km constante, a ritmo de sub1h21'. Logo nos últimos quilómetros xa intentaríamos apretar.

Na saída un corredor cae no chan e creáse unha situación algo rara, de confusión. Parece que ao final todo quedou en nada, pero un susto foi. Polo que lin no fío da carreira no foro, leváronno ao hospital para facerlle unhas probas, pero que estaba ben. Boas novas!!!

Agora si, dáse a saída. Como estaba sen quentar, non saín moi moi rápido nos primeiros metros. Pero aínda así km 1 en 3:47, km 2 en 3:49 e km 3 en 3:44, demasiado rápido. Tiramos Sanmikel e máis eu, e é Pepe quen o comenta. Ten toda a razón, baixamos un pelín o ritmo. Formamos un grupiño de 5 ou 6 corredores, e do km 4 ao km 8 os tempos saen en 3:52, 3:51, 3:49, 3:46 e 3:49. O km 7 saiu un pelín rápido, pero ese é o ritmo. Pola contra, jose.losada e máis eu quedamos sós. Sanmikel queda uns metros atrás, pouca cousa, se mantén o ritmo nos ten aí ao lado. Nós continuamos a ritmo pero, case sen darnos conta, xa estamos rodando a 3:47/km, pois do km 9 ao km 14: 3:46, 3:48, 3:47, 3:49, 3:46 e 3:47.

Xusto despois do xiro de 180º ao redor do parque no km 13, paso o peor momento da carreira. Non vou nada cómodo e comezo a dubidar. Pero pasado o km 14, volvo a recuperar un pouco as sensacións e acelero, quizais buscando un ritmo no que o corpo vaia máis cómodo. Coa broma, o km 15 sae en 3:45. Animo a jose.losada para que me siga pero dime que tire, que non me preocupe. A situación parecía controlada para os tres, porque el tiña na man o sub1h21 e sanmikel estaba pouco por detrás. Polo que me animei a tirar para adiante. A ver que pasaba.

Manteño o ritmo do km 15, pero entramos no centro de Vilagarcía e crézome: km 16 en 3:44 e km 17 en 3:43. Síntome con forzas. Alcanzo a catro corredores e fago con eles o km 18 en 3:45. Xusto despois do km 18, hai un xiro de 180º no punto máis ao norte do circuíto. Aproveito para baixar o ritmo bastante durante a glorieta e tomarme un respiro, coller aire. Son só uns metros, pero por este motivo o km 19 sae en 3:49. Aínda así, o ritmo sigue sendo bo. De feito, fago o km 20 en 3:39.

Contrameta, miro o reloxo, e por primeira vez son consciente de que vou baixar de 1h20. Está feito! Manteño ritmo na contrameta e na curva, pero deixome levar na recta final, nada de sufrir, o traballo estaba máis que feito! A disfrutar!

Tempo neto: 1h19'42"
Tempo oficial: 1h19'46"

Hoxe si que o din todo, non me queda nada, estou vacío. Os últimos 1097 metros saíron en 4'07" (a 3:45/km). Miro por se chega jose.losada, 1h20'03"! Marcaza!!! Baixa 1 minuto a súa anterior marca! Esperamos xuntos por sanmikel, e fai 1h20'35"!!! Tamén marca e por medio minuto! Espectacular!!! Abrazámonos os tres, non podemos estar máis contentos (aínda que vaiamos medio mortos xD).

Trote moi suave duns centos de metros e para a ducha. Como di Sanmikel, como debía de estar eu que soltei un "se non queres non pasa nada eh". Non podía máis.

Un pracer poder saudar e charlar con tantos foreiros, dende volver coincidir con Xoixe ata coñecer a XoseM, xa ía sendo hora! O resto xa vos dades por máis que incluídos Guiño O que si, non sei quen é o corredor do Fontes do Sar que quedou nos primeiros postos e sempre que nos cruzábamos me animaba polo nome, sinto non saber o nome!

Por último, felicitar a sanmikel e jose.losada polo carreirón que fixeron. Noraboa cracks!

Agora toca descansar e seguir adestrando cun mínimo de continuidade. Ás pernas vanlle vir ben un descanso.
tiojuan

Foreiro Senior
Foreiro Senior
3/10/11
0 Carreiras
807 Mensaxes
Cambados
Respostar citando Envío Dom, 25 Nov 2018, 20:24
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Bravo Suso! Imparable estás, moi ben!
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Nov 2018, 22:30
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Felicitarte outra vez é un pracer. So podo decir que creo que te enganas, que non vai costar tanto darlle un mordisco a marca.
Unha pena non poder aguntar os tres un pouco mais xuntos, me pasa por precavido de máis.
So espero que desfrutes estos dias, marcas asi xa son case élite. Desfruta destos días. Pero non te deixes ir. Boas noites e grazas.
Pd: felicidades a pepe, que sempre esta ahi. É a ver se nos pasa ese foto na meta dos tres.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3267 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 25 Nov 2018, 22:37
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

O día que non fagas marca xa nos vai parecer ata preocupante, Suso. Afeitos que estamos a que nos impresiones Sorriso :-)

En fin , parabéns unha vez máis. Xa me imaxino o subidón . Que o sigas celebrando
xoixe

Experto no foro
Experto no foro
23/08/05
188 Carreiras
3874 Mensaxes
CAMBADOS
Respostar citando Envío Lun, 26 Nov 2018, 14:59
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Noraboa Sonsuso pola marca acadada onte na MedioMaratón de Vilagarcía Aplauso Aplauso Aplauso ...ainda sodes uns rapaces e podedes mellorar Ríndose Ríndose Ríndose

Dios dea salú, que sobra onde destrajala...
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1031 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 26 Nov 2018, 15:43
Asunto: Re: Diario de Sonsuso

Parabéns pola marca. Xa me contaron que finalmente tivestes unha boas mañán para correr. Ánimo, a recuperarse e a pensar en novos retos.
Un saudo.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos