mac-ray escribió: |
Pouco tempo libre teño para estas lerias, pero como din os nosos queridos políticos " por alusiones" vou dar unha vez máis a miña opinión, porque si, este debate xa se fixo o pasado ano, non lembro se por aquí ou no Facebook, e vexo que as ideas non cambian pese a que o concello segue mellorando cada ano e intentando facer as cousas mellor, igualmente que a pedestre que nestos últimos anos fixo varios cambios para mellor e vemos que están abertos a intentar para o ano ter roupeiro, subida a vite cronometrada etc etc.. Pero nesta cidade hai ( na miña opinión ) un mal xeralizado, criticamos moito e axudamos pouco, está moi ben aportar ideas pois moitas veces axudan a mellorar as cousas, persoalmente ( todos me coñecedes, non preciso ocultarme detrás de un nick ), teño aportado ideas a probas como as do CorreSan e unha vez estudiadas houbo cambios, como tema de clasificacións, percorridos etc.. no caso da San Silvestre, penso que xa quedara visto para sentenza jeje, pero seguimos tendo quen opina que unha san silvestre non debe ser competitiva, craso error, pois como xa aportou Derek, as San silvestres de todo o mundo son das probas máis competidas históricamente, Rufino, imaxino que nos coñecemos, eu asistía a esas quedadas na alameda en fin de ano antes de ser probas federadas, era algo bonito, que por certo se pode seguir facendo, ninguén cho vai impedir o de quedar entre amigos e facer un trote, pero eu lembro que practicamente todos aqueles amigos que nos xuntabamos ese día na alameda con chocolate incluído, botabamos en falta a San Silvestre ben organizada, competitiva, aquela que Compostela perdiu fai moitos anos, aquela con grandes premios, polas rúas da zona nova, patrocinada por Centro Deportivo a donde acudían atletas de élite chegados de todas partes, e agora que parece que podemos recuperar algo parecido, saimos con que unha San silvestre ten que ser lúdica ??? Non entendo. Tema caixóns, Pantasma ( que tamén nos coñecemos aínda que non fagas pública a túa identidade ), facer unha saída con tempo de retardo nun circuíto como este entendo que é unha compricación moi grande, se a proba segue aumentando en número de participantes posiblemente terán que prantexar esta opción pero con cambio de percorrido entre outras cousas que dende fóra posiblmente non vexamos. Sair no segundo caixón para nada significa non poder correr rápido ou perder tempo, se corres a 4'40" e queres correr o máis rápido posible, estou seguro de que vas ter opción de colocarte na zona dianteira de ese caixón, pois os que van en plan lúdico festivo estarán colocados pola metade ou atrás de todo, como indica o sentido común, se non o fan pois xa non che é cousa da organización, se non de falta de coherencia nosa, dos corredores. O prezo efectivamente non é para tratar nestes fíos, pero en Santiago temos o CorreSan, quen se anotou corre a San Silvestre GRATIS, quen non o fixo paga 6 euros !! por correr por unha cidade patrimonio da humanidade, chorar por 6 euros nunha proba de este tipo de verdade o digo, sen ánimo de ofender, pero non ten razón de ser, e comparar o de € por km pois en fin, vamos pedir que nos paguen cando corremos unha milla ou un 400, non será o mesmo gasto organizar esta proba que a mesma dando duas voltas e que fosen 10kms ? Espero que o chocolate chegue, sabemos que sempre as organizacións contan con avituallamento a maiores, porque os "runners" somos tan solidarios que rara vez collemos máis do que nos toca verdade ![]() Pola miña parte, gracias ao concello e á federación por seguir con esta proba, mellorando cada ano, e seguro que aínda se pode mellorar moito máis, e se aportamos ideas e apoiamos como fan clubes como o Noitebra por exemplo, Santiago pode ter probas referentes a nivel nacional, como Sant Yago, Pedestre, CorreSan ou San Silvestre, quedémonos coa gran cantidade de xente encantada e maravillada con esta proba que non escatiman en alabar e que as críticas sexan para axudar e non para facer dano, vémonos na San Silvestre ![]() |
Rufino escribió: | ||
Xa vos puxen exemplos de probas noutros concellos cercanos con varias ideas solidarias a tomar como exemplo, pero aquí só se pensou en poñer premios en metálico e nun caixon competitivo. Supoño que o raro son eu. Saudos. |
Rufino escribió: |
Imos ver, sí que estou informado da actividade solidaria de Stgo e teño participado en varias das probas aínda que polos teus comentarios tí pensas que non. Para que vexas o comprometido que estou co tema ireí a Arzua, a Lousame e se podo a Padrón mentras que a Stgo non, e iso que me sae maís barato quedarme en Stgo que coller coche e desplazarme. Eu son dín varias ídeas, e o único que leo é que Stgo é patrimonio da humanidade, unha gran San Silvestre competitiva,etc.... pero en ningún momento ninguén foí capaz de decir "moí boa ídea, estudiarémolo para o ano, etc...." e que nín vos molestades. Que eu saiba unha San Silvestre pode ser competitiva e solidaria non? Un saudo. |
memphis_ESP escribió: |
Sinto ver que camiño está tomando este fío, cando o propósito do mesmo é a promoción da carreira. Pero tampouco vou privarme de redactar o que penso do que estou a ver; xa non soamente neste fío ou noutros, tamén en redes sociais. Penso que daría para un fío dedicado, pero dame que algún moderador veríase na obriga de apagar algún lume. Estase a ver, de forma habitual, que un foreiro no fío dunha carreira poña cousas do estilo "penso que unha proba en inverno con esta participación debería de dispor roupeiro (aportando como idea a implicación dunha asociación para xuntar alimentos/cartos)", "creo excesivo o custo desta carreira cando outras similares do mesmo concello dan máis por menos", "deberían de modificar a distribución da chegada para non formarse tapóns, se o fan así ou asá poderían solucionalo na miña opinión", "parte do trazado está chea de baches sendo campeonato de galicia", "non hai control dos caixóns de saída"... Pois, para estes comentarios recurrentes, respostas recurrentes: ca San Silvestre de Santiago non te metas e se non che gusta vaite á de Coruña. Vaia picheleiro do carallo que non sabe apreciar a esta gran cidade. Cando deixen de facela xa choraremos. Mellor do que está imposible, gran organizador (boing-boing). Volvendo a este fío. Varios comentamos a mal acotado caixón da saída competitiva. E todos sen xulgar persoalmente a compañeiros do foro. Aportando datos DESTA PROBA de anos anteriores. Aportando casos persoais. Pero resulta que a organización non opina. Opinan, e incluso xulgan, outros compañeiros aportando tempos 5k de Madrí ou aludidos que che explican que ti para correr a 4.30 non terás problema durante a saída no caixón lúdico (esto dicindoo mentras pisa a propia liña de saída). Resumo. Como dixo XoseM noutro fío: non fagamos nosas as carreiras E añado: respetemos opinións, debatamos sanamente e deixemos os intereses e superioridades morales fóra deste foro. |