Xov, 13 Dec 2018, 10:16
Asunto: Re: San Silvestre Santiago
Estimados/as runners.
Despois de ler os vosos comentarios e debates, teremos que aclarar os seguintes puntos:
* A San Silvestre sempre foi unha carreira en continuo movemento. É falso que non aceptemos ou escoitemos diferentes puntos de vista sobre a proba, só temos que ver que en 6 anos cambiou 5 veces o percorrido da proba e esta é a primeira vez que se repite o mesmo. De feito, o tema dos caixóns é tamén unha recomendación multitudinaria de moitos corredores asiduos da proba. A maiores poderiamos citar decenas de melloras que se fixeron ao longo das 5 edicións feitas: chocolate quente, agasallos diferentes respectando os disfraces, premios a competición, e tamén premios a xente que vai de troula, o mero feito de respectar a xente que quere competir e quere ir de festa, animación no parque da Alameda (lembrade os tambores do pasado ano), retraso no horario para chegar de noite na beleza do entorno da catedral, baile con animación previa, ampliación do circuíto para evitar os tapóns, incluír a San Silvestre no circuíto CorreSan facéndoa gratuíta coa inscrición no circuíto... Poderiamos seguir e seguir.
As suxestións son sempre debatidas na organización cos responsables municipais, coa policía, empresas responsables de cada área, e sempre nun entorno agradable de colaboración mutua que agora estamos a vivir.
Respecto ao que atane á paxina web, por favor, recargade a páxina varias veces ou cambiade de navegador, porque pode ser que a caché do ordenador vos leve a páxina web do pasado ano. Aquí temos que darlle a razón a Orion764 (grazas a Amina polas aclaracións).
Por outra parte alégranos ver como intentades expoñer a vosa opinión de ver o evento e queremos trasladarvos que as vosas inquedanzas non “caerán en saco roto” xa que as recollemos para poder debatelas nas diferentes reunión que temos. Agradecervos a vosa franqueza sobre a Carreira xa que nos axuda a seguir mellorando cada ano.
Polo demais seguiremos tentando mellorar a proba.
Saúdos e felices km.