Foros ›
Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 16 Dec 2018, 22:51
Asunto: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): PECHADO

Trail da Cidá (Ribeira)
Domingo 27 de xaneiro de 2019


Que se sortea?
1 dorsal

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Ribeira, domingo 27 de xaneiro de 2019.
Web da carreira: http://www.arousa.com/trailseries2018/cida.html
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6116&date=20190127
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=Forums&file=viewtopic&t=21226

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 17 de decembro de 2018 ao xoves 20 de decembro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 20 de decembro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 17 de decembro ata as 23:59 do 20 de decembro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Sáb, 22 Dec 2018, 16:21; editado 2 veces
ferreirós

Novo foreiro
Novo foreiro
27/08/12
0 Carreiras
45 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Dec 2018, 9:31
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Quero participar no sorteo do dorsal para o trail da Cidá.
Xa participei en varias edicións e quero seguir facendoo. E unha pasada subir ao periurbano de San Roque, baixar á praia do Vilar e outra vez arriba ata o castro da Cidá. Todo esto acaba cas nosas forzas pero síguenos encantando a todolos que participamos. Ademais, seguro que os de Arousa NeO nos teñen preparada algunha sorpresiña nesta nova edición.
Quique78

Novo foreiro
Novo foreiro
13/08/17
60 Carreiras
44 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Lun, 17 Dec 2018, 9:54
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Hola
Quiero participar en el sorteo 1 dorsal Trail da Cidá.
Ya que no me toco el Circuito vamos a ver si por lo memos me toca una prueba.
He estado viendo y tiene una "pintaza"
Subir al "Monte da Cidá", pasar por un espacio arqueológico, ir por la "senda do jabalí", pasar por la playa de Vilar y este año hay una sorpresa llamada la "ruta do raposo" que vete tú a saber.

Pues eso, en principio parece que tiene de todos.

Suerte a todos y gracias
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
928 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Dec 2018, 9:55
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Manifiesto mi deseo expreso de participar en este sorteo.
Muchas cosas me unen al Barbanza y más en concreto a Ribeira. Estuve viviendo/trabajando allí una temporada y el recuerdo que tengo es especial. Me encanta la zona y se quedó con un pedacito pequeño de mi corazón. A pesar de ello y aunque parezca mentira aún no he disputado el Trail da Cidá. He acudido a los trails de Boiro, Rianxo y Pobra en diferentes temporadas, pero el de Ribeira aún lo tengo inédito. A ver si hay suerte y vuelvo a "casa" por fin.
Suerte a tod@s!!
milis89

Novo foreiro
Novo foreiro
8/01/18
2 Carreiras
11 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Dec 2018, 12:35
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Quero participar no sorteo!!

Nunca participei nesta proba, si que fun a outras do circuito pero nunca a ista, e parece ser que é moi interesante, xa que non me tocou o circuito intentarei ir ó maximo de probas posibles, e esta ten moi boa pinta, xa que aparte de moito monte, tamén ten plaia, casco urbán de ribeira...xa teño ganas de que chegue Moi feliz

Suerte a todos e un saúdo!!
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1042 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Dec 2018, 13:51
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Boas, estaría interesado en participar no sorteo.
É un trail de unha distancía asequible, bonito, bén marcado e a organización trata bén ó corredor.
Normalmente intento participar na maior parte dos trails que organizan e das veces que os fixen sempre termineí moi contento.
Un saudo.
jpenas

Foreiro infantil
Foreiro infantil
14/03/11
31 Carreiras
105 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Dec 2018, 14:58
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Quero participar no sorteo

Hai bastante q non corro un trail e co ben q me falaron deste penso q é o momento de volver
Saúdos
zasca

Novo foreiro
Novo foreiro
7/12/16
20 Carreiras
30 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Dec 2018, 16:57
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Boas
Quero participar no sorteo do dorsal.
Será o primeiro trail do 2019, unha boa forma de recuperarse despois das festas do nadal
Será a primeira vez que corro este trail, pero polos comentarios e a zona pola k pasa o percorrido ten que ser un Trail Top!!!
Sp
Sorte a todos!!
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
717 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Dec 2018, 17:00
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Quero participar no sorteo do dorsal para o trail da Cidá.

Todas as probas de arousa neo son dunha calidad mais q sobresainte. Esta nunca a fixen, participei fai anos nun cross q fixeran nunha zona pola q se discorre.

a ver si toca!
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Mensaxes
Bertamirans
Respostar citando Envío Lun, 17 Dec 2018, 20:19
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Quero participar no sorteo...
Pois xa que non houbo sorte co dorsal do circuito ímolo a tentar individualmente en cada carreira Rezar ...
Nunca participei neste trail a pesar de telo feito en todalas edicións do de San Alberte que foi o seu precursor, e en aquel sacaban petroleo dese montiño, asique supoño que este tampouco defraudará, ademáis de que Riveira e a miña segunda terra e encantame correr por alí sempre que podo e descubrir novas rutas...

Cuando bajas drop, ya no hay stop...
ablanco

Novo foreiro
Novo foreiro
23/07/18
0 Carreiras
47 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Dec 2018, 21:53
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Quiero participar en el sorteo
Nunca he participado en el mismo y tampoco conozco la zona, pero por lo que he visto en algún vídeo, llueva o no, será un trail pasado por agua...
sito

Foreiro Senior
Foreiro Senior
5/06/09
459 Carreiras
563 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Dec 2018, 10:07
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Quero participar no sorteo
nunca fixen este trail pero si algun organizado polos mismos, polo tanto esta garantizado que sera divertido e a zona e moi bonita.
cote13

Maratoniano
Maratoniano
4/11/17
0 Carreiras
13 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Dec 2018, 12:21
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Quero participar no sorteo do dorsal para o Trail da Cidá.
Nunca participei nesta proba e, por recomendacións de compañeir@s, vale a pena.

Sorte e gracias!
Davidi

Maratoniano
Maratoniano
2/08/10
90 Carreiras
678 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 18 Dec 2018, 19:38
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Me gustaria participar en el sorteo. No he ido nunca pero solo he escuchado comentarios positivos que me animan a apuntarme. La zona no la conozco mucho y ese es un buen motivo para ir. Ademas no es excesivamente largo
moterodeseco

Foreiro infantil
Foreiro infantil
2/06/15
80 Carreiras
52 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Mar, 18 Dec 2018, 23:04
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal Trail da Cidá (27/01/19): ata 20/12

Me encantaría participar en el sorteo.
Nunca fui a este trail, pero los comentarios de mis compañeros son muy buenos, y como en 2019 quiero hacer algo más de montaña este me parece una opción interesante, la distancia tal vez sea algo corta pero dicen que la organización es muy buena así que me parece una opción muy interesante, por desgracia no voy a poder estar en todo el circuito, pero el calendario está muy lleno y no es posible ir a todo lo que nos gustaría...





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos