Santacompanha escribió: |
Patético que un ex-deportista profesional sexa o maior problema para a celebración dunha carreira |
Concello do Porriño escribió: |
O Goberno local amosa o seu estupor pola decisión dos responsábeis da Interrunning, lamenta a súa deslealdade cos porriñeses e anuncia que asumirá, sen intermediarios, a organización desta proba A alcaldesa, Eva García de la Torre, e Manuel Carrera, tenente de alcalde e concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, veñen de amosar a súa estupefacción logo de coñecer a decisión, unilateral, dos responsábeis da Interrunning de non seguir organizando esta proba no Porriño, logo de 12 anos. García de la Torre e Carrera lamentan esta decisión e rexeitan as formas nas que vén de anunciarse a mesma por parte dos ata hoxe organizadores: nas redes sociais e sen contactar en momento algún, dende a finalización das carreiras deste ano, nin co concelleiro de Deportes nin coa alcaldesa para exponer as posibles diferencias ou discrepancias que puidesen ter co Concello do Porriño. A alcaldesa e o concelleiro de Deportes subliñan que nunca, en ningún momento nin de xeito algún, os organizadores da Interrunning trasladaron queixa, desencanto ou problema pola actuación do Concello: ao contrario, especialmente este 2018 amosáronse moi satisfeitos porque foi a edición na que máis atletas participaron. Eva García de la Torre e Manuel Carrera lembran que a colaboración do Goberno local e do Concello do Porriño foi total coa Interrunning, tanto no que se refire nas achegas para esta proba, que na última edición subiron ata os 15.000€, coma en medios materiais e humanos- para facer posible que a proba puidese disputarse, coma a actuación de voluntarios, membros de Protección Civil do Porriño e axentes da Policía Local-. En calquera caso, o Goberno local, que deplora a deslealdade co Concello do Porriño e cos porriñeses por parte dos responsábeis desta cita, non consentirá que os milleiros de deportistas que participan cada ano se vexan defraudados e, por tanto, na vindeira edición o Concello asumirá directamente a organización da Interrunning o Porriño. “Non imos a tolerar que mediadores, intermediarios ou xestores externos nos poñan na picota por temas externos, completamente, á Alcaldía e ao Goberno local”. |
sanmikel escribió: | ||
|