Mar, 04 Mar 2008, 1:59
Asunto:
Crónica: "A técnica do bonobús"
Para un "culé" si hai que debutar na maratón, ten que ser nunha que pase polo Nou Camp. E si a distancia é de 42 km., non hai mellor idade que ós 42. Premisas aparte: había que debutar na Maratón de Barcelona...estaba cantado...(aínda que os fados xa avisaban que algo non iba ben: nas vísperas, "chosca" dos colchoneros, 4-2).
Primeira, e última maratón (está avisado Banderas que cando floxee, me recorde que "esta y no más, dijo Santo Tomás"...diosmiodelamorhermoso que agonía!!!
Con un entrenamento de m......., sin rodaxes longos...vamos, á boa de deus!! Para colmo, o martes anterior unha dolorosa lesión na zona dos abductores, confirmábame que non había nada que facer. Pero o billete de avión estaba pagado, a reserva do hostal feita...e nunca vira a Sagrada Familia...así que, xa que estamos, alá vamos!!
O compañeiro-confesor foi o amigo
Banderas, ó que a víspera lle comentei as miñas dúbidas de tomar a salida (bueno, o mesmo decía
Jabelo, e despois anduvo como un tiro!!

). Resulta que o sábado sacamos un bono de transportes para 10 viaxes: un bono do metro, pero bueno...imoslle chamar o
bonobús, agora que está tan de moda o "palabro" ese. Fixemos varios viaxes pero aínda sobraron tres ou catro.
Así que, nin corto nin perezoso, lle digo a Banderas que me dea o bonobus que o vou a levar conmigo durante a carreira, e que en canto vexa que escomenzo a sufrir, tomo as de Villadiego, pillo o metro e volvo para o hostal.
O día "D" como había que almorzar dúas horas antes da carreira, e ante a nosa falta de previsión, atopámonos con que no hostal non había servicio de almorzo e todo estaba pechado. Pero había que tomar algo: así que maese Banderas ten a xenial idea de que podíamos botar man da bolsa de corredor que recolléramos o día anterior: e alí estabamos os dous ás 6.30 da mañán, comendo as tortitas de cereales de Santiveri.

"¿Que tal están?" pregunteille. "Ti come e cala", foi a súa escueta resposta. Pero claro, tampouco tíñamos café. "¿E agora?" Foi a miña pregunta mentras notaba que o meu compañeiro miraba fixamente para o nauseabundo líquido azul do Poverade. Meu dito, meu feito..."por deus, que non se entere ninguén!!" rosmaba polo baixo, mentras chimpaba a groliños o reconstituinte.
Tocoume salir da última fila do último caixón, rodeado de italianas, francesas, alemanas, japonesas, "dúas finlandesas"...tipiños tamén había, pero nin os vía!! Salín por aquelo de trotar un pouco hasta a primeira boca de metro...eso, claro está, sempre e cando fose despois de pasar o Camp Nou!! A aquel ritmo de trote o abductor non me doía. Foron pasando bocas de metro e quilómetros de carreira. Era psicolóxico: ¿retírome nesta?, bueno, non, aínda podo un pouquiño máis, pero na próxima, pírome!!

Un pouco antes da media maratón, atrapei o globo de 4.30. -que, por certo, pasou a media en 2.15 clavados- No km. 28 deixei de ver o globo: non estaba nin por diante nin por detrás. Non sei que pasou, a non ser que se retirase o paisaniño!!
A partir de ahí, foi un suplicio...dores nas pernas...o coco dá moitas voltas...e comencei a alternar tramos correndo con outros andando. Empecei a facer cálculos: aínda que sexa andando, teño tempo para chegar antes das 6 horas...e senón, aínda conservo o bonobús.
Polo km. 34 rogaba a calquer ser supremo que acabase dunha p.....vez aquela tortura...a cabeza xa non rige como debería....peeeeero, apareceu ó meu carón unha moza vestida de bermello, e púxose ó par. Eu penso que aquelo das endorfinas algo ten que ver con todo esto, porque de repente recuperei o fuelle. Endereitei o porte, metín barriga e desde o km. 35 ó 40, levamos un ritmo máis ou menos alegre. Adiantamos xente polas Ramblas abaixo e aquelo funcionaba.
No avituallamento do km. 40, estaban esperando pola moza unha parexa amiga. Faime xestos de que me una a eles, e alá vou. Pero, claro...dous son compañía e catro son....son unha carallada, que lle imos a facer!! Total, que as endorfinas deixaron de facer efecto, e doume un tirón nos abductores que me deixou clavadiño no asfalto.
Os dous últimos kms. foron de suplicio, agonía, autoflajelación....un desastre. Eso sí, na liña de meta entreille esprintando a unha rubiña alemana pertenecente a un animoso grupo de algo así como "Atletas Cristianos"...As endorfinas, supoño!!...5 horas e 5 minutos de sufrimento...buffff.....
A min non me volvedes a pillar nunha destas!!!!!!