Lun, 24 Dec 2018, 18:58
Asunto: Re: SIN-SON ( 23/12/18 )
Novo éxito da Sin.Son, o ano pasado non puiden ir e este había que estar, ainda que estou con "problemillas".
Parece increible, que en tan só 7 edicións, esta carreira consiga ter 2000 inscritos, e algún máis que tería de non pechar nese nº.
Respecto a miña carreira, 2ª carreira consecutiva que non quento nada, para non agravar as molestias, así que saio bastante atrás, para ir collendo ritmo, 1º km. en 5'29", para quentar, e despois non me controlei todo o que debía e xa marquei todos por debaixo de 5' (incluso o da subida da Aguieira), ainda que atento a calqueira síntoma de dor no soleo, tirantez empecei a notar dende o 6º Km. e algunha molestia nos derradeiros 2 Kms. que deixandome levar polos corredores que me adiantaban aumentei o ritmo sendo loxicamente eses dous os máis rápidos con diferencia da carreira.
Cando crucei a meta (cheguei pola metade máis ou menos), xa había unha cola enorme para recoller a bolsa, que non facía máis que agrandarse conforme chegaban corredores, así que pasei de agardar e conformeime cun par de vasos de bebida isotónica.
A organización de fábula, eu só lle poría 2 peros, un de dificil solución pola cantidade de corredores que somos, e este que acabo de comentar da entrega da bolsa.
E o outro é o da medida, quédanse bastante escasos eses 10 Kms. (xa é algo habitual nesta proba) y eso que eu fixen o percorrido sen subirme, nen facer metros de menos por ningún lado.
En resumo, é un luxo ter esta carreira ao ladiño da casa.