Foros ›
II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
nestor

Novo foreiro
Novo foreiro
9/01/12
0 Carreiras
42 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 23 Dec 2018, 20:23
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

ManuelCR escribió:
Buenas. ¿Se sabe si hay guardarropa en la salida con traslado de la misma a la meta?.
Alguien puede poner la ubicación del pabellón de deportes, pues en Google maps no lo doy localizado. Gracias.

Por suposto que teredes gardarroupa, tanto no polideportivo, coma no lugar de inicio da proba, nas Minas de San Finx. A ubicación xa vin que a puxeron antes, un saúdo
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1038 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 26 Dec 2018, 14:32
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

Boas visto que aínda haí bastantes inscrit@s, ides facer conxunta a saida do Minitrail e o Trail ou vades facela separdada? (Por exemplo, trail as 11:00 e minitrail as 11:15)
Saudos.
nestor

Novo foreiro
Novo foreiro
9/01/12
0 Carreiras
42 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 29 Dec 2018, 0:31
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

a saída e a mesma para os dous, ás 11:00 h
dponte

Maratoniano
Maratoniano
18/05/13
5 Carreiras
322 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 29 Dec 2018, 13:08
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

Estou inscrito para o trail longo pero o xoves manquei un nocello. Non é grave polo que agardei ata hoxe a ver si desaparecían as molestias e non foi o caso. Como teño un longo historial de escordaduras nel non quero correr riscos e non vou ir á carreira de mañá.

Non sei se a estas alturas sería posible organizalo pero cederíalle gustoso (de forma gratuíta) o dorsal a quen lle interesase. Se alguén o quere que me mande unha mensaxe e tratamos de contactar coa organización.
lmartsil

Foreiro infantil
Foreiro infantil
17/04/13
0 Carreiras
114 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 29 Dec 2018, 14:57
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

Boas tardes, é posible ter acceso os tracks?. A idea é poder seguir os corredores para facer fotos en diferentes puntos.
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1338 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Dom, 30 Dec 2018, 23:47
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

Noraboa á organización pola carreira!!! Aplauso

Certo é que non podo comparar, pois é o meu primeiro trail. Pero eu disfruteino e marchei coa sensación de que organizar algo así non é nada fácil e que estivo moi moi ben!

Recordarei con cariño esta carreira e intentarei volver o ano que vén. A ver se despois dun ano aprendo algo e sae un chisco mellor jejeje
koala36

Multimedia
Multimedia
31/12/06
0 Carreiras
1679 Mensaxes
vedra
Respostar citando Envío Lun, 31 Dec 2018, 13:34
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

Noraboa a organización. Bonito recorrido e con moitos voluntarios dando animos e axudando no que fixese falta. Avituallamentos perfectamente repartidos e moi completos ( e colocados nos kilometros que indicastes no reglamento).
Para min todo estivo ben....salvo un detalle. No meu caso (fun o ultimo clasificado do trail longo, cando eu cheguei a meta salvo a miña muller e o arco de meta , casi non habia nadie mais ali. Entendo que esperar por un participante 4 horas e un toston, pero tamen penso que se no reglamento non pon nada de que hay que terminar como moito en 2 , en 3 ou nas horas que sexa , mentras un participante estea facendo a proba dentro do tempo permitido, alguen da organización e a persoa animadora-presentadora (neste caso Terio) deberian estar na linea de meta esperando polos participantes que todavia esten realizando a proba. Penso que todolos participantes, do primeiro o ultimo nos merecemos o mesmo trato e respeto.
Por outro lado , e esto si que de verdade me pareceu mal; si a persoa que entrou xusto diante de min lee esto: SI NON SABES SE ERES O ULTIMO, MELLOR ESTATE CALADO . O que non se pode e ir decindolle os voluntarios dos cruces, dos avituallamentos, e de meta que eres o ultimo , cando detras tua ven mais xente participando. Ca tua aptitud o que podes conseguir e que algun voluntario se marche do cruce onde esta e que a persoa que todavia ven detras participando chegue a ese cruce e vaia por onde non debe . Sexamos responsables.

E despois deste " libro", volvo a felicitar a organización pois para ser o segundo ano e con todos os participantes que conseguistes xuntar, estubestes casi de 10.
Budiña

Montañés
Montañés
6/09/15
75 Carreiras
255 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 31 Dec 2018, 18:47
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

Koala a veces pasa en ciertas carreras q se desesperan un poco y los últimos son los olvidados. Siento tu disgusto.
Yo en el reglamento leí q había un tiempo de corte en el km 15 (q era donde se dividían los tramos) y en la charla tecnica dijeron q despues de las 2 la organización no se hacia responsable del corredor q continuara. Pero no se si fue tu caso.
Budiña

Montañés
Montañés
6/09/15
75 Carreiras
255 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 31 Dec 2018, 18:51
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

Por mi parte. Como puse en facebook día perfecto y trail perfecto.
Mi tercer trail largo y me encantó el recorrido. Zonas técnicas, río, dos buenas subidas, una vista a la ria preciosa, serpenteando entre árboles, chapoteando en el rio.....
Los voluntarios animando, fotógrafos....
Gracias por este domingo!!!
lihto

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
12/06/11
654 Carreiras
4779 Mensaxes
K-pax
Respostar citando Envío Mar, 01 Xan 2019, 21:21
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

Quiero felicitar a la organización por esta fiesta del running que nos han brindado,me habían hablado muy bien y sin duda la experiencia ha sido positiva,se nota cuando se hacen las cosas con cariño,desde aquí agradecer a todos los voluntarios,protección civil,concello de Lousame y a Nestor,cabeza visible de este proyecto.
nestor

Novo foreiro
Novo foreiro
9/01/12
0 Carreiras
42 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 02 Xan 2019, 21:32
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

hola, entendo a túa crítica, pola miña parte coma organizador, é tan importante o primeiro coma o último, e pídoche mil disculpas por que te sentises así xa que non era a nosa intención, xa que eu persoalmente acerqueime a meta para preguntar polo último da carreira, e sempre atento de que lle quedase comida ó final, ...... pero xa remataras, non sei se foi ó longo da entrega de trofeos ou xusto ó seu remate, xa que ás 14:25 +- empezamos ca entrega de premios dentro do pavillón, co cal estábamos dentro, aínda que tomo nota desa crítica constructiva, xa que no caso de estar nós ca entrega ou non, debería estar outra persoa fóra recibindovos. Espero que do resto estiveses a gusto e disfrutases ó máximo xa que ese é o noso obxetivo, saúdos
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3053 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Mér, 02 Xan 2019, 21:52
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

Noraboa aos organizadores. Nestor, a verdade é que fixestes un bo traballo. Organizar unha carreira non é doado, sempre xurden imprevistos, pero o que diferencia os bos organizadores do resto, é a reacción frente a estas situacións inesperadas. Que estés pendente dos comentarios sobre a carreira unha vez rematada e respondas as críticas con ánimo de mellora para anos seguintes tamén di moito do voso ben facer.

O trail estivo xenial. Non so no percorrido, que me pareceu precioso, se non en todo o que rodeou ao trail: entrega de dorsais moi rápida, servizo de autobús ata a saída, voluntarios en todas partes, gaiteiros no medio do monte (foi total!), avituallamiento final abundante...

Pero o máis salientable foi sen dúbida o motivo polo que montástedes toda esta historia: a recaudación para a Asociación Gallega de Heteroplasia Ósea Progresiva - ASPOH destinados a investigación. Un total de 2655 euros!

Bravo polo resultado e gracias por facelo posible! O ano que ven, volvo!!
furancho

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/04/16
0 Carreiras
82 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 02 Xan 2019, 22:19
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

En el tramo del trail largo creo que cnos grabaron en vídeo, alguien sabe donde se publicó o se va a publicar. Gracias.

Como mis compañeros opino que gran carrera, en un día perfecto para correr.
Gilillo

Maratoniano
Maratoniano
13/12/10
46 Carreiras
115 Mensaxes
Ortoño (Ames)
Respostar citando Envío Ven, 04 Xan 2019, 12:13
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

Bo día, TODO ISTO É COA IDEA DE CRÍTICA CONSTRUCTIVA:
1- En relación coa chegada do último participante no Trail Longo, sei que nalgúns Trail vai un "corredor escoba".
2- Aparcadoiro (non acudín a charla o día anterior o trail e o mellor comentastes algo, si é así pido disculpas por adiantado), falando con outros corredores tamén comentaban o mismo, como tal está ben, pero o problema ven de deixar o coche, subir polos dorsais, volver a baixar o coche a deixar roupa e coller o necesario pro trail, subir para coller o bus.
3-AUGA QUENTE nas duchas, co día de xeada que había, non apetecía meterse nesa auga conxelada.
nestor

Novo foreiro
Novo foreiro
9/01/12
0 Carreiras
42 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 04 Xan 2019, 22:00
Asunto: Re: II TRAIL SAN SILVESTRE MINAS DE SAN FINX LOUSAME [30/12/18]

Moitas gracias Gilillo, xa que a opinión dos/as corredores e moi importante para nós porque ahí e donde podemos mellorar, aínda que no que ti dis xa estaba tratado.
Con respeto ó corredor escoba, nós tamén o levamos, dúas persoas, unha para o trail curto e outra para o longo. No tema do aparcadoiro sí que o comentamos na charla técnica do sábado, ademáis non tíñades que volver ó coche xa que había gardarroupas no polideportivo. E no tema das duchas, creo que só lle pasou nos vestiarios masculinos, pero nós ahí non podemos facer nada, xa que a maioría das instalacións deportivas non están adecuadas para ter auga quente para tanta xente, porque nós revisamos que estivese o gas a tope, pero non da quentado unha vez que se acaba a que hai.

Espero verche o vindeiro ano de novo por Lousame, saúdos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos