Lun, 14 Xan 2019, 9:19
Asunto: Re: IV TRAIL DOS PENEDOS
Boas, agradecer a organización que nos fixese disfrutar destre Trail. O trail curto perfecto, máis duro que o ano pasado, é máis técnico.
Simplemente con carácter constructivo despois de dúas edicións, se pode ver dúas carencias principais:
A saída debe avisarse, e mellorarse. Ninguén se prepara nen se entera de cando é. Non existe nen liña, nen aviso por megafonía nen nada.
Pero o que non é pasable é a chegada a meta. Ninguén se entera de quen entra. Todos alí o lado, e entra alguen despois de 3 horas correndo, é o mínimo que se espera, e que se vexa que entra na meta, e non perderse no tumulto dos que están xa tomando algo, ou falando, e non se sepa. Custa moi pouco, poñer unha zona acotada onde os que chegen se vexan ben, e os que xa estamos que os veñamos chegar. Tamén custa moi pouco poñer a alguen narrando, pois microfóno tendes, e altavoces tamén, incluso antes da saída había alguen falando a través del.
Grazas a organización, os voluntarios e todos os que fixeron posible isto, estaría ben, despois de varias edicións mellorar este punto.
Un saúdo.