TopTenSports escribió: |
O domingo 10 de marzo será a data elexida para a celebración da II Edición do Trail Aventure Muiños do Folón, en O Rosal. A gran satisfacción amosada polos participantes no “nacemento” do evento o ano pasado, fixo que o Concello do O Rosal e a empresa Qualité Sport Events decidisen darlle continuidade. Tratase dunha das provas de trail máis espectaculares que se pode realizar en toda a Comunidade Galega, xa que recorre os afamados Muiños do Folón e do Picón, declarados Ben de Interese Turístico pola Xunta de Galicia. Serán dúas as carreiras con carácter competitivo. Unha cun trazado de 12 kms e un desnivel positivo de 450 metros, co lugar máis alto situado na Capela de San Martiño e outra de 21 kms, con desnivel de 1.000 chegando a zona costeira de Sanxián. Este ano repetirase tamén a Andaina de 10 kms, para aqueles que prefiran gozar da paisaxe dunha forma máis relaxada. Nos tres trazados, pasarase pola beira dos Muiños que estarán “espectaculares” as portas da chegada da Primavera. As INSCRICIONS XA ESTÁN ABERTAS EN: championchipnorte.com/...folon-2019 PD: os inscrit@s nas primerias 72 horas, terán un agasallo especial a maiores, unha braga técnica para o pescozo |