Mar, 22 Xan 2019, 9:39
Asunto: Re: XVII PADRÓN 10K 2019
Pois eu si que penso que ademáis dos xiros as subidas nótanse e as baixadas non se aprecian jejeej.
Nótase a dura subida pola ponte e na baixada desta apenas podes recuperar, cando cruzas na parte contraria do percorrido, corres un bo anaco cunha pendente moi lixeira en subida, que nalgún punto donde se fai unha S, incrementa a porcentaxe, máis os pasos de peóns elevados, unha zona empedrada en lixeira subida e outra con terra/barro e subida por unha pequena rampa, son pequenas cousas que sumadas posiblemente fagan perder bastantes segundos, hai bastantes percorridos en Galicia de 10 k máis chans, sen ir máis lonxe o vindeiro Cpto de 10k en Xinzo, Sarria, Carballo, Vilagarcía, Coruña etc...
Pero sen dúbida é unha proba para poder facer unha moi boa marca en distancia homologada !!
www.youtube.com/channe...subscriber