Dom, 20 Xan 2019, 15:06
Asunto: XIX CROSS POPULAR DO CONCELLO DE BOBORÁS
Boas tardes, como fun agraciado con un dorsal para esta carreira q menos q facer unha pequena crónica da mesma.
Este ano tocou menos frío, non había xeada pero si choiva, eu son dos q prefire quentar en seco aínda q durante a carreira toque mollarse pero foi xusto o contrario é respetounos durante a carreira aínda q xa sairamos mollados. O circuíto ben sinalizado e en boas condicións, nalgunhas zoas había q ir con xeito para evitar algún esbaron pero permitía correr sen ningún problema, e coma un pequeno trail, con subidas e baixadas polo monte pero moi corrible todo por pistas forestais e pequenos tramos de asfalto. Aínda q a distancia está nos 7400 o GPS sempre marca uns metros máis entre 7540 e 7580.
O acabar dereitiño para a ducha q nestes tempos a auga quente e un ben moi preciado. É o avituallamento final completo, auga, refrescos, froita, empanada e o que verdade prestou o chocolate quentiño cos churros.
Un saudo