Xov, 06 Mar 2008, 15:16
Asunto:
Pois por fin vou facer megacrónica... síntoo por aqueles aos que non lle guste ler
Para min, despois de tela rematado, a distancia raíña pasa a ser ésta de 42.195 metros que, na práctica, se transforman en casi 43000 ( o meu Forerunner 305 calculóume polo GPS unha distancia total percorrida de 41910 metros) porque en alguns momentos sorteas a outros corredores, te desvías para aliviar certas necesidades fisiolóxicas, en fin... circunstancias diversas que fan que resulte imposible facer exactamente a distancia oficial... como en case todas as carreiras pero máis
Antes de sair o grupiño de amigos do foro quedamos para desexarnos sorte e facernos a foto de rigor antes de cada carreira, pero esta vez o destino quixo que, entre os nervios e as presas, todos nos deixáramos as cámaras no hotel. Nembargantes, o que tivemos foi a sorte de atoparnos cunha parella á que
Marola lles pedíu que, por favor, nos fixeran unha fotografía e nola enviara por correo electrónico. Ela, Gemma, non só foi tan amable de facernos a foto, senón que se lembrou de anotar a dirección de nosa amiga e enviarlla. Dende aquí o meu agradecemento eterno a Gemma (que polo que vin é corredora do C.C.T. e asidua das carreiras populares e de montaña na súa terra... ten montón de resultados en Championchip de cataluña) porque éste é un recordo que terei grabado de por vida xa que poucas experiencias marcan tanto como pode facelo unha competición como ésta, onde se pon a proba non só a capacidade física dunha persona senón, sobre todo, a súa resistencia mental diante de situacións adversas, como xa teredes visto polas crónicas dos sufridos compañeiros do foro. :=D> :=D>
O domingo sufrín no meu corpo ó "tío do mazo". No meu caso, analisando a posteriori as sensaciones e repasando mentalmente o sucedido, cheguei a dúas conclusións: o noso almorzo de ese día foi nefasto (ainda que eso para vós non é ningunha novidade... despois da crónica do compañeiro
Urko) e durante a carrera non bebín suficiente líquido para compensar a pérda producida polo esforzo baixo unhas condicións de temperatura e humidade máis duras das que a predicción meteorolóxica dixera.
Nen o meu benquerido compañeiro de habitación nen eu tivemos a prudencia de mercar nada para almorzar contando con que, como había carreira, as cafeterías abrirían antes. ¡¡Ilusos!!
En fin, que ás 6:30 da madrugada nos conformamos cunhas tortitas de cereais hinchados, uns figos e unha botella de bebida isotónica (as tortitas e a isotónica por xentileza da bolsa de corredor que suministraba a organización xunto co dorsal e a camiseta que, por certo, foi o meu pixama as dúas noites que pasei en Barna
![Avergoñado Avergoñado](images/smiles/icon_redface.gif)
).
Polo que respecta á bebida, ainda que levéi un bidón con medio litro de bebida isotónica ás costas e bebín algo en todo os avituallamentos, coido que nestes non toméi cantidade suficiente. De feito comencéi a notar sede no kilómetro 33 e, cuando empezas a notala, é que xa a tes encima. As pernas poden aguantar o mismo ritmo, pero se fai necesaria maior concentración para non perderlo. Parece como se os pés pesaran máis e unha mesma zancada precisara doble esforzo que fai uns intres.
Nos primeiros kms. saín reservón e acompañei e fun falando con algúns representantes do Clube Veteranos Samil, e pregunteilles cal era o seu obxetivo (para ver si me pegaba como lapa
![Mr. Green Mr. Green](images/smiles/icon_mrgreen.gif)
pero o grupiño en cuestión intentaba andar polas 4 horas como moito, así que tirei para adiante... tentando seguir o globo das 3:45, que nunca alcancei.
Durante outros 3 kms. fun falando con
Titi, unha vella coñecida dos meus tempos compostelanos que vive en Barcelona e coa que coincidín na San Silvestre de Castrelos deste ano pasado, pero pensaba conformarse con 4 horas e media e, como os nosos ritmos non acababan de acompasarse, díxenlle que ata logo non sen desexarlle unha bóa carreira... faltaría máis.
Dende ahí non voltei ver coñecido nengún ata o Km 37, pero iso non impedíu que fora collendo referencias de xente, como un rapaz cachotas cunha camiseta que poñía "
IronMan" ou unha "
Viuva negra
![Mr. Green Mr. Green](images/smiles/icon_mrgreen.gif)
como as que lle gustaban a
Makoki.
O caso é que mantiven uns ritmos por kilómetro estupendos hasta o 35. Nese avituallamiento deixei de correr para poder beber con tranquilidade, pero xa era demasiado tarde. O mal xa estaba feito e o meu corpo apenas se recuperou ata rematar a carrera. De feito tiven que deixar de correr (sen pararme de todo, iso sí) dúas veces máis. Polo camiño moitos corredores e corredoras iban andando e en algún momento os que ainda levábamos certo ritmo tíñamos que ir sorteando obstáculos humanos, o que endurecía os de por sí xa difíciles kilómetros.
En algún momento do kilómetro 37 alcéi la vista e diante miña apareceu unha camiseta coas verbas "CorrerenGalicia.org". Concentréi a mirada e leín
Barrachina. Unha especie de nube de ilusión pasou pola miña cabeza porque pensei que poderíamos rematar xuntos, apoiándonos un ó outro. Saudéino, pero non só me dixo que iba tocado senón que me animóu a que seguira, que él aguantaría a ese ritmo. Déume non sei qué deixalo, pero seguín, xa que, de terme parado ou ter cambiado o ritmo, a bó seguro me tería fundido de todo.
Os kilómetros finais (dende o 36 ao 42) fixeronseme eternos, pero como esa distancia normalmente a fago casi como quecemento, dixenme a min mesmo que, xa metidos en fariña, había que rematar como fora.
O caso é que dende o cartel do km. 41 ata a meta non voltei parar nen un segundo e, chegando á Plaza de España, os ánimos da xente e a moral que da saber que baixaría das 4 horas (que era o meu segundo obectivo, xa que ol primeiro era rematar a carreira) fixo que incluso intentara una especie de patético sprint.
Coido que toda a miña vida teréi grabada na miña retina a imaxe do arco do km. 42 e, ao fondo, a meta co reloxo marcando segundo a segundo o paso inexorable do tiempo. Dende as 3:56:52 subiendo ata as, finalmente, 3:57:40, que foron as horas, minutos e segundos que tardéi oficialmente en cruzar a liña de meta (en tempo real, pois tardéi varios minutos en sair, como todos, foron 3:53:03).
Analisando outros detalles, vos comento que:
- As colas para votar un pis eran tan grandes que empecei a carreira con ganas de mexar e aguantei (votei contas para evitar ter que parar máis dunha vez durante toda a carreira) ata a primeira hora e media (10:00)... e cando o fixen non vexades a cara de alivio que me quedou
![Mr. Green Mr. Green](images/smiles/icon_mrgreen.gif)
Por certo, a pesares das isotónicas que baixei coa comida non volter mexar ata as 20:00 (e para iso pouco)... logo todo o que bebín entre tanto foi absorvido ó 100% polo meu sedento corpiño.
- A carreira non me foi tan mal, xa que a diferencia entre a primeira media maratón (01:54:04) e a segunda (01:58:59) non foi tan grave como tiña pensado... só 4 minutos e 55 segundos.
- Durante prácticamente todo o percorrido fun adiantando posicións: 5532, 5196, 5073, 5028, 4960, 4771, 4544, 4265, 4073 e , o único treito no que baixei na clasificación xeral, 4114 , que foi o meu posto final.
- O mellor ritmo de carreira fíxeno entre os kms. 5-10 e 20-25 (a un ritmo de 5'16''/km.), pero tampouco outros tramos foron malos, con ritmos de 5' 22'/km. (tramo 25-30), 5' 27''/km. (tramo 15-20), 5'28''/km. (tramo 10-15), 5' 30'' (tramo 0-5) e 5' 33''/km.
- A caida de ritmo, en calquera caso, non foi definitiva ata o tramo 35-40, cun ritmo de 6'32"/km
![Enfadado Enfadado](images/smiles/enfadado.gif)
no que o "do mazo" me deu con ganas
- O que coma en carreira tereino probado antes, xa que fixen experimentos con cousas que non probara (figos -que non me sentaron nada ben no estómago- e gel -que me costou tragar e por pouco vomito) en vez de levar barritas, coas que sí experimentara con resultados comprobados no CARMA
Para a vindeira carreira prometo comer e beber abondosamente xa que, de non ter fallado neses aspectos, tería feito un tempo que rondaría as 3 horas e 45 minutos... de feito en ningún momento notei o menor problema ou dor muscular (ó revés que o resto dos meus compañeiros e compañeiras) ... o que di moito en favor do meu entrenamento e dos meus fisioterapeutas, que me mimaron para que chegara entre algodóns :=D> :=D>
O resto do finde foi cojonudo: isotónicas na Praza Real co meu sobriño, a súa compañeira e
Urko (logo chegaron
Marola e máis
Jabelo e repetín bebida), cena cos foreiros nunha terraciña perto de Sta. María del Mar, papatoria post carreira cos de sempre máis cun
LinkinPark feito un anfitrión perfecto :=D> :=D> :=D> :=D> , e ronda de isotónicas e cena co meu sobriño e a súa compañeira en Sabadell (onde fun en tren e voltei por xentileza da familia) ata as 11 da noite (
Urko quedara deitado, o pobre, repoñendose do esforzo heroico realizado).
Organización: 10. Público: 10. Compañeiro de habitación:10. Comportamento do resto de corredores: 8 (non me gustou o mal que se desfixeron de botellas e esponxas, sobre todo). Percorrido: 10. Dureza: a xusta. Clima: traidor
![Demo Demo](images/smiles/icon_evil.gif)
. Aeroporto: ben á ida, mal á volta.
Unha magoa non ter quedado con máis xente do foro... incluido o compañeiro
Curro2000, co que xa non poderei rodar pola península de O Grove
![Chorando Chorando](images/smiles/icon_cry.gif)
como contaba facer a partires deste mes.
¡Hala! Ahí vos deixo esta biblia, para que pasedes o rato.