Mér, 30 Xan 2019, 9:57
Asunto: Re: C42 2019 - VIII Maratón de Coruña 14/4/19
bos días, o fío sobre a carreira derivou a un fío onde as persoas comentan cómo vai a súa preparación.
Grazas por compartir a experiencia.
Só lembrar, por se alguén chega agora por aquí, que
na primeira mensaxe do fío está a ligazón ao regulamento onde se poden informar de todos os aspectos sobre a carreira.
Forrestgon escribió: |
Siento cierta envidia, sana por supuesto, cuando leo vuestros comentarios acerca de vuestra preparación.
.. |
con respecto a esto, e dirixíndome as
persoas que nunca correron un maratón e que se sintan de algún xeito intimidadas polo tipo de adestramentos e dedicación que algunhas persoas contan aquí, que sepan que non hai que agobiarse coa "preparación", que cada persoa é un mundo e que ninguén naceu aprendido.
Aprende a correr de xeito relaxado, canto máis tempo mellor.
Sentidiño, moita sorte e saúde para todas.
-- Chámame "ghose"