Mér, 13 Feb 2019, 13:32
Asunto: Re: TRAIL/ANDAINA RIBEIRAS DO TAMBRE - Ames - 3 Marzo
Estimados/as amigos/as.
Antes de nada dar as grazas a todos/as polas vosas aportacións que cremos xa queda todo escrito.
Sobre as modificacións aportadas por
ALQUIVA e
Derek, comentar varios puntos de interés:
* No regulamento novo posto neste foro como o da páxina de inscrición xa se menciona o servizo de duchas nas instalacións do Real Aeroclub de Santiago nas súas instalacións en Ameixenda, no Concello de Ames;
* Despois de varias recomendacións recibidas decidimos realizar os seguintes cambios xa reflexados no regulamento:
> A Andaina sairá ás 10.05 horas, 5' despois da Saida do Trail, pois tememos que ao ser un circuito tan estreito no 70% do percorrido (moito sendeiriño, rutas de muiños, pasos de ríos, zonas técnicas, ...) os primeiros participantes do Trail choquen coa cola da Andaina e se produza un "tapón"
> A Saída do Trail adiantase para ás 10.00 horas así como o traslado en autobús será común a partir das 08.30 horas.
Comentar que desta volta esta proba non estará dentro do circuito Trail Galaica pero que estamos moi agradecidos pola oportunidade que nos deron e tamén nos están prestando axuda e colaboración en todo, co cal non temos máis que palabras de agradecemento aos organizadores deste circuito.
Iremos comentando os pormenores do Trail e Andaina neste fío, pero sexades todos benvidos e benqueridos. Ogallá desfrutemos todos dunha xornada fermosa polas Ribeiras do Tambre.