Ven, 08 Feb 2019, 17:11
Asunto: Re: CORU21 2019 ( Media Maratón Coruña 17/2/2019 )
Entrei na páxina para ver por curiosidade a distribución dos caixóns, e quedei asombrado pola distribución dos 5 que hai.
Como fixen un vistazo por riba non mirei as mulleres que entraron en cada tramo, pero si que collín os tempos netos e non os oficiais, para que entrara máis xente en cada caixón, e compensar a ausencia de mulleres en cada un..
Caixón verde: homes menos de 1h20 e mulleres menos de 1h:35'
Ano pasado 71 chegados a meta.
Caixón vermello : homes menos de 1h25' e mulleres menos de 1h:40'.
Ano pasado128 chegados a meta.
Caixón amarelo : homes menos de 1h30' e mulleres menos de 1h:45'.
Ano pasado168 chegados a meta.
Caixón azul : homes menos de 1h35' e mulleres menos de 1h:50'.
Ano pasado179 chegados a meta.
Caixón morado : O resto ou os que non teñan marca
Ano pasado 1048 chegados a meta.
Quen foi o lumbreras que fixo esta distribución, eu normalmente vexo caixóns con tramos de tempo máis amplos e un sempre ata 1h45' e outro que chega ata 2 horas.
Xa non entro a valorar o de que fagan distincións por sexo, xa que para min "ralentiza" a saida tanto un home coma unha muller que corran ao mesmo ritmo.
Eu que puxen unha marca realista de 1h39' xa que nas derradeiras medias fixen entre 1h38'/1h40' por non forzar a lesión, teño que ir para o derradeiro caixón, e coma min máis de 1000 corredores.