Lun, 18 Feb 2019, 16:48
Asunto: Re: CORU21 2019 ( Media Maratón Coruña 17/2/2019 )
Con esta boa carreira, chego a miña 125 media maratón.
Onte tivemos unha gran mañán para correr, boa temperatura, sen vento e nos respetou a choiva y eso que houbo un momento que parecía que ia empezar a caer.
Quizáis o peor da carreira, foi a distribución dos caixóns, e encima confundíronse ca rotulación e conseguinte colocación dos mesmos, ainda que o speaker avisou da incidencia.
Como é preceptivo coloqueime no meu caixón 5º e derradeiro, xa que no estado no que me encontro e o que me corresponde, ainda que na parte dianteira do mesmo.
Saida loxicamente ralentizada, pero só perdín 40" no paso polo control, obxetivo correr a 4'40", cousa que fun cumprindo, con tendencia a correr nalgúns un pouquiño por debaixo desa cifra, indo cómodo en todo momento e sen molestía ningunha, (que gozada poder correr así). Moi regular toda a carreira, xa que só houbo unha variación de 20", entre o máis lento a subida do Km.18 que o fixen en 4'47" e o km.12, no que me emocionei de máis e o fixen en 4'27", xa que non baixei en ningún outro de 4'31".
Os 22 días sen correr, notáronse nos 2 derradeiros Kms. que me sairon ambos por riba de 4'40", pero moi contento con marcar 1h38'19" neto, pero hoxe teño os cuadriceps a piques de reventar, sobre todo cando baixo as escaleiras que parezo FranKeistein, (xa non me lembraba desta sensación
), e un pouco cargado o puñetero sóleo.