Dom, 24 Feb 2019, 17:58
Asunto: Re: XVII PADRÓN 10K 2019
Un ano máis en Padrón, e coma case sempre nesta carreira malas sensacións, xa que correr a esas horas da tarde non é o meu.
Visto o resultado do domingo pasado na Coruña, puxenme de obxetivo facer 44'59", o que hai 3/4 anos era un tempo de adestramento, onte iase convertir nunha meta, dificil pero un reto.
Saida do 2º caixón, e 1ºkm. en 4'29', 2º en 4'26" e 3º xa en 4'32", e con molestias no maldito sóleo. Tiña a sensación de que podía romper en calquer momento, o 4º un espexismo en 4'26"a partir de ahí xa empecei a marcar todos por riba de 4'30, (excepto o 7ºque foi en 4'27"), xa que eses ritmos non son para min nestes momentos, paso pola meta en 22'33", pero na seguinte volta, xa non houbo maneira facendo esta volta en 22'57".
E rematando en 45'29" neto, moi fatigado e con bastante dor no sóleo, en canto cheguei a casa puxenlle xeo e esta mañán repetin co xeo, xa que me fun a unha andaina de 15 Kms. ca muller, a cal rematei sen maiores contratempo.
Mañán vou pedir cita na clínica alora de Santiago, a ver que me poden facer para eliminar ese hematoma de 5 cms. que me quedou.