Xov, 14 Mar 2019, 13:19
Asunto: Re: V Romaría Vikinga 10K Catoira (31/3/2019)
Para as persoas que preguntades polo perfil e o terreo:
Imaxino que o percorrido vai ser o mesmo que na IV edición. Na actual páxina 16 deste apartado de Carreiras Populares en Galicia tedes información e enlaces ás dúas cousas . Na primeira páxina do fío aparece o perfil de Garmin que puxo o compañeiro
Sanmikel, e na reposta 5 da páxina 2 dese fío, a organización pon o enlace ó video do percorrido
A ver se funciona o atallo
www.correrengalicia.or...mp;t=20173
O terreo é todo asfalto, non sendo unha parte do paso polas Torres de Oeste, onde se pisa en terra e tamén hai un escasos metros de adoquín . Ten un par de zonas nas que toca subir, pero tampouco por moitos metros. Chegada en llano moi agradecida.
E en todo caso, desde a miña experiencia dos catro anos anteriores, carreira amena e ben organizada
Última edición por Meigalicix o Ven, 15 Mar 2019, 9:43; editado 1 vez