Amina escribió: |
Moi boas Eldruida, a verdade é que para estrenarte na distancia elexiches unha media durecha, pero todo o que ten de dura, supérao con creces a espectacularidade da carreira, a boísima organización, a alta participación de corredores e o público animando. Se estás pensando en participar, estaría ben que fixeras algunha tirada máis longa de 10 km. Máis que nada porque se non ese día, a partires do km 10 será eterno para ti. Non te arrepentirás, pero corres o risco de querer repetir ao ano que ven ![]() |
eldruida escribió: |
Moi boas, estou plantexándome facer a miña primeira media aquí. A verdade é que non teño entrenado específicamente esta distancia, normalmente corro 10k como moito. Pero como acabei ben o 10k de Porriño e a VigBay pasa por diante de onde vivo pois teño gañas de probar. ¿Cómo o vedes? Se non é o foro adecuado, agradeceria que me indicásedes onde podo poñer esta mensaxe. Moitas grazas! |
Kurty escribió: | ||
Normalmente a diferencia de ritmo entre un 10 K. e unha media oscila entre 10/15 segundos por Km., máis cerca dos 15" que os 10" é o habitual, a diferencia de ritmos que pos ti saen 23 segundos, poderían ser suficientes, pero todo depende das tiradas longas que fixeches ata onde chegaste en distancia. Ainda estás a tempo de facer varias tiradas máis longas do habitual e poder rematala en 1h39'59' que queda mellor ![]() E despois cada persoa é unha incognita como pode reaccionar. Sorte é un saudo. |
Kurty escribió: |
Unha hora a 4:50, ven a ser caseque 12'5 Kms. Eu faría 14'5 esta semana a 5' e para a semana chegaría ata os 16 Kms, pero hai unha cousa ben clara, na 1ª media, o máis importante é rematala con boas sensacións, os obxetivos de marca para as seguintes medias. Y esta media, é das mellores que se poden correr. |