Lun, 18 Mar 2019, 13:37
Asunto: Re: XIII Carreira O Porriño 10k. 17/03/2019
Boas!!
Felicitacións polo traballo, non sei como salistes dela, pero bueno, o final correuse ben. Vou deixar uns apuntes que me pareceron mellorables, pero non como crítica, se non para que o teñades en conta para próximas ocasións do que foi a miña experiencia:
-Recollida de dorsales, hai que afinar ese punto, é a clave de todo o malestar xeral.
-Valorar a zona de quecemento, que supoño que xente que iba a facer tempo se queixou polo pelotón inicial, e recordar que houbo unha caída.
-O viraxe na rotonda, de estar mollado, a saber... pero entendo que foi puntual de este ano.
-Eu me duchei no Pavillón, non estaba senalizado onde te duchabas e no momento que eu pasei non habia ninguen indicando, polo que buscamos un vestiario que estivese aberto e alí nos metimos, non sabíamos se usurpabamos algo, pero como estaba valeiro.... puntazo que habia auga quente, e non sei como lle iría as féminas... pero creo que con algo tan sinxelo como uns carteles plastificados o arranxades fácil.
Unha vez mais felicitarvos, coller tarde e mal este evento de determinadas dimensións, so sair adiante é un logro, entendo que se non morrería, para o ano o bordades e mantedes un dos mellores 10k de Galicia.