Dom, 10 Mar 2019, 19:02
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Crónicas da favela: " 6ª Contrarreloj por equipos"
Esta semana tiña que ser de 27 km, que reorganicei para que fosen 23, e ó final se quedaron só en 5 km , iso sí , unha única rodada , curta , pero de moita calidade.
As cousas son como son. Hai xusto un ano, antes da lesión, os ritmos eran 4:55 para carreiras de 5 km ou menos, 5:10 para 10 km e 5:25 para media maratón. Despois da lesión foi como volver desde cero, movéndome nos ritmos que facía no 2011, cando aínda levaba menos de un ano correndo.
Por iso lograr manter onte un ritmo medio de 5:10 durante os 5 km do percorrido foi todo un logro atlético. Pero esa "calidade" atlética tería sido imposible de lograr se non fose pola calidade humana do CARMA Mixto 2 .
Paga a pena explicar que este ano non eramos mulleres de abondo para facer un equipo CARMA feminino, e as dúas persoas que estabamos dispostas a anotarnos tiñamos un ritmo máis lento que os dos outros equipos xa montados. Se cadra noutro club deixaríannos ser o paquete de cola descolgado , o que queda a atrás e non importa que non puntúe porque xa entraron diante as seis persoas necesarias para dar o crono... Pero no CARMA o que importan son as persoas máis que as marcas, e así foi como se organizou o CARMA Mixto 2, con
Beauveais, JAGC , McLego, franoterosal, Miguel, ANPABAL, Maikel, para facer de motor de reserva, cortaventos e o que fixera falta para que
Elisa mais en poidesemos participar e rendir. E a bofe que o conseguiron, pois o plan inicial era ir a 5:30 e rematar en 27:30 minutos, e ben que logramos en piña rebaixar a esa marca. Unha vez máis, o meu agradecemento a todas e cada unha das persoas do equipo, do clube, por ese espíritu CARMA.
Hoxe decidin parar. A veces o mellor entreno é o descanso, e nesta temporada levo moito déficit de sono que hai que resarcir.
A partir de mañá xa lle meteremos máis volume
Última edición por Meigalicix o Mar, 12 Mar 2019, 6:58; editado 3 veces