Dom, 10 Mar 2019, 17:14
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
Boas
Lobo!
Si vírao! Penso que é do ano pasado ese video, de cando abriu o diario para compartir a preparación para... a Maratón de Los Ángeles? Recordo ver ese video e pensar onde sería ese lavadeiro, porque non son quen de situalo. Pero si, toda a razón no que dis, dinme de conta que mellor algo así (sumerxilos en auga fría con xeos) que as bolsas de frío.
No da intensidade e volume pode ser, pero ao final, para a maratón o que necesito é volume sobre todo. Penso que intentarei aguantar estas 4 semanas que quedan, e logo parar para intentar curalo ben e non arrastralo. O dito Lobo, grazas por pasarte e polos consellos!
---------
Actualizo:
Xoves (7 de marzo)
Descanso por traballo e por jolgorio.
Venres (8 de marzo)
Descanso por traballo, por mobilización e por jolgorio tamén.
Sábado (9 de marzo)
Aproveitando que ía participar na
Contrarreloxo por Equipos de 5km en Vigo co club, planeei con Sanmikel facer un 2x5000 (o 2º sería a carreira). Primeiro 6 km previos a trote suave (de casa á saída e o quecemento alí), logo xa viñeron os dous 5000:
O primeiro, con Sanmikel e polo propio circuíto da carreira:
19'16" (3:58,7 - 3:51,1 - 3:51,5 - 3:48,2 - 3:46,1)
O segundo, o da carreira:
19'07" (3:50,1 - 3:49,9 - 3:51,2 - 3:51,7 - 3:43,9)
Para rematar, outros 3km ata casa a 5'30/km máis ou menos. En total foron 19,4km.
A carreira é un día distinto no que nos xuntamos case 40 persoas do clube, así que unha magnífica oportunidade de saudar e compartir charla. A carreira, para que non a coñeza, ten o mesmo formato que as de ciclismo. Cada equipo ten entre 6 e 9 corredores, sendo o 6º quen marca o tempo. O tempo obxectivo estaba claro, 19:10. Pero ao final sempre aparecen as dúbidas. Que se imos un pelín máis rápido aínda que só aguanten 6... que se podemos apretar algo máis... Eu como máis disfruto é indo todo o equipo xunto ao ritmo que todos poidamos, sen sufrir. Pero é complicado chegar a un consenso. De aí que sexa unha carreira á que sempre vou con moitas ganas, e sempre volvo sen estar convencido.
Domingo (10 de marzo)
Tocaba a
XIII PreVigBay do C.A.R. Marisqueiro. Anoteime no grupo que tiña como obxectivo facer os 21km en 1h24'. Fixen 2 km previos a trote suave e saímos un grupiño de catro corredores a ese obxetivo: Maljkovik, Sanmikel, Anton_G e máis eu. Primeiro km en 4'03", segundo en 4'01", terceiro 3'58", cuarto 3'56", quinto e sexto en 3'58"; pero a partir de aí xa baixei o ritmo. Sanmikel non ía nada cómodo e nos deixamos levar os dous. Así que o resto foi a ritmo e de cháchara. Contento por seguir sumando e poder volver facer outra tirada longa en compañía. En total, 22km en 1h45' (a 4'46"/km).
---------------------
-> Resumo da 10ª semana:
73,8km esta semana. Volta á normalidade, a pesar de ter descansado 3 días seguidos a metade de semana, algo que non é ideal. Para a seguinte, máis e mellor! Xa só quedan 4!