Dom, 31 Mar 2019, 22:10
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (polo 20% e subindo)
Crónicas da favela: " V Carreira Romería Vikinga de Catoira"
De entrada a xornada de hoxe ía ser un entreno máis da cara a cita do domingo día 7.
Pero un entreno especial, cuns cantos extras substanciosos. O primeiro deles, sacar a Carmafoto con
Enrique. Entre o despiste que levo habitualmente, e o ambientazo que había na liña de saída, casi non o localizo. Menos mal que él a min si.
Outro dos extras é a oportunidade de volver a saúdar efusivamente unha vez no ano a antigos compañeiros e compañeiras de aula da EXB, ou da pista da discoteca Maty de Cesures (segundo a década que se consulte nos arquivos). Algunhas desas persoas na organización, outras engrosando as filas dos superveteranos.
E a carreira en si mesma é un extra tamén, polo ambiente, a organización, os lugares do percorrido.
Sí que se botaban a faltar os habituais doutras veces (
Sanmikel, Amina, Litho, Doutor ou Montse, Pequeña Criatura). Había por alí algunhas persoas coa camisola do Moraña+9, pero non estaban
Celina e Manolo, que nas listaxes figuraban como inscritos.
Polo demáis, todo ía indo sobre o previsto: Uns 20 minutos quentando, unha tandiña corta de estiramentos, a primeira gominola antes da saída. Cando me fixei na man esquerda vin que o Garmin tiña rotos tres remendos da correa, dos seis ou sete que lle tiven que meter ultimamente, pero non tiña peto de sobra onde gardalo, e decidín tentar á sorte, confiando en que aguantase ata o final da carreira.
De contado sonou o toque de saída. Por alí no medio andaban algunhas con pinta clara de superveteranas curtidas. Non son das que memorizan nomes nin dorsais, ademáis xa tiña claro que co meu estado de forma calquera delas iría máis rápido. Máis de duascentas persoas, cada unha coa súa carreira distinta e eu coa miña... O que non foi impedimento para que me chamase a atención unha superveterana en particular , de camisola branca e pelo curto e compañeiro de equipo ó seu carón facendo de lebre e pendente en todo momento dos seus ritmos. Rebaseinos sen demasiado problema antes de chegar ó campo de fútbol das Lombas, pero cando comezou a baixada cara a Avenida volvéronme a pasar. Seguro que iamos estar facendo a goma elástica toda a carreira.
Estabamos xa no km 3, antes do cruce de Santabaia, e o Garmin caeu ó chan coa correa definitivamente desintegrada. Freada e recuada para collelo coa man esquerda. E din por aí que a boa técnica de carreira é correr coas mans medio abertas coma se foses collendo un ovo en cada unha. Pois alguén debeu botarme hoxe o meigallo para ter que facer técnica de carreira durante 7 km. En fin, que lle iamos facer. E non había tempo para lamentacións porque xa estaba alí diante a primeira costa difícil. Certo que hainas máis empinadas en Teis, pero esta fai un xiro á esquerda e hai que dosificar.
E desta vez fun eu a que dosificou mellor, e alí quedaron definitivamente atrás a corredora da camisola branca e a súa lebre, e algunha persoa máis.
Cortísimo se me estaba a facer todo desta volta. A partir dese momento vinme como en terra de ninguén, correndo soa, cómoda, os máis lentos bastante atrás, os más rápidos aínda demasiado adiante.
E xa de contado o km 5 por Viladesuso, segunda gominola e a botella de auga (que esta vez acertei a encestar correctamente nas redes da cuneta).
Tramos doados e en costa baixo, pero aínda quedaba subir a ponte da vía do tren cara as Torres, tramo de doble sentido onde os galgos xa viñan de volta cos deberes feitos. E algún saúdaba e dábame ánimos, como se fose raro cruzarse cunha supervetarana nese tramo... Entón encendeuse unha luz pequeniña no meu cerebro, e mentras corría cara as Torres comecei a contar cantas mulleres ían vindo de volta e a posible categoría. Animada polo barullo da batucada dos da Caña cheguei á conclusión que debía de estar de 15 de 36 na xeral feminina, algo bastante aceptable para o meu estado de forma actual. E a seguinte conclusión foi que mellor que me deixase de pensar en nada, porque aínda tocaba volver a subir a ponte da vía do tren e chegar a meta e manter os folgos. Terceira gominola, e por fin ó ter o peto vacío puiden gardar o Garmin e correr xa máis libremente.
Cando por fin pasei polo arco de meta o cronómetro marcaba 54:14, só un chisquiño mellor que na San Martiño. Certo que non me desfondei a correr, pero aínda que quixera creo que o corpo tampouco me daría para máis ritmo. Iso sí, era un ritmo "crucero", quen me dera ter esa mesma sensación a semana que ven.
Devolvín o chip e funme cambiar, e pasei logo polo auditorio a ver os resultados. Non estaban impresos, nin tampouco accesibles nese momento na web. Non marchei, e fun sentar. 54:14 non é tempo para facer podium nesta carreira, pero algo me daba no corpo, e só había un xeito de saír de dúbidas.
Despois de pasalo ben un cacho disfrutando coas cariñas inocentes de pitufos e pitufas subindo ó podium, por fin chegou o momento das categorías da proba absoluta. Comezaron precisamente polas superveteranas, e aínda seguía sen crelo de todo cando escoitei o meu nome como terceira clasificada... Está claro que hai que ser sempre optimistas, e que a camiseta negra do Trigal debe de ter superpoderes.
Se isto ía ser un ensaio para a semana que ven, as cousas non poderían pintar mellor... Iso si, o Garmin creo que vai quedar na casa ata que se me ocurra algún amaño máis definitivo para a correa, 21 km cargando con el na man poden facerse interminables.