Ven, 05 Abr 2019, 16:38
Asunto: Re: V Romaría Vikinga 10K Catoira (31/3/2019)
¡¡MOITAS GRACIAS A TOD@s¡¡
Boas noites vikingxs.
Para dar por rematada esta V #rvcatoira10k19 queremos agradecervos a tódol@s participantes a vosa compañía e esperamos que o pasarades ben e disfrutárades dun bo día de deporte no noso pobo, Concello de Catoira.
Dende a organización queremos enviarlle moitos parabens a cada un dos 37 voluntari@s que traballaron arreo durante os días previos, e o mesmo día da proba, embolsando, señalizando, cubrindo cada un dos servizos da nosa carreira.
No apartado da seguridade do circuito, contamos cos mellores, Vikinbike Catoira que un ano mais cubriron tódolos cruces a fume de carozo, sempre amables e á nosa disposición para o que faga falta. Tamén agrader a tódolos membros de protección civil de outros concellos que arrimaron o ombreiro para apoiar no dispositivo á nosa, con Pedro e Lupe o frente.
#SENVOSNONSERIAPOSIBLE #MOITASGRAZASATODXS
Gracia a todos as empresas e institucións que colaboraron un ano máis. Deputación Pontevedra Friscos Leite Larsa AFYT Asesores Supermercados Dia MercaMas Pontevedra NutriSport @lamarca Grupo Junquera
Tamén queremos agradecer do bo facer das empresas que prestaron os seus servizos a esta carreira. Difusion ProSport no apartado de Planificación, organización, deseño, difusión e fotografía. EME Sports no apartado de estructura e cronometraxe e Quadra Producións por facernos uns videos tan espectaculares todos estes anos.
Este ano queremos un agradecimiento especial, por todo o esforzo e horas en vela que pasou nas últimas semanas a Salva, Concelleiro de Deportes, que liderou este proxecto e traballou para el como ninguén.
Sabemos que cometemos numerosos erros, pero seguiremos traballando para poder mellorar. Non sabemos si a carreira seguirá para o 2020, pero o que si sabemos e que con cada un de vós e todo máis fácil.