Dom, 07 Abr 2019, 22:48
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
MARATÓN VIG-BAY
Novo sub3h, pero un maratón moi complicado. Moi contento polo resultado, pois sabía que non ía ser fácil conseguilo, pero sobre todo por como xestionei a segunda parte da carreira. Tiven que parar dúas veces para estirar o xemelgo (km 21 e km 27), e case se me sube varias veces máis. Aínda que ao final puiden ir coidándoo un pouco e facer 2h59'07". Polo que moito máis que contento. Disfrutei, si, pero con certo punto de preocupación por se non a podía rematar. Por sorte houbo final feliz!
----------
Crónica
----------
Despertei ás 5:15 para almorzar ben e con tempo. Aínda así, durmira moi ben e algo máis de 6 horiñas. Cheguei a Samil e todo moi frío, sen moito ambiente. Sacamos foto do Carma, pois eramos case corenta na maratón, e logo ao guardarroupa. Había que abrigarse ben ata último momento.
Saín con
Sanmikel a ritmo tranquilo, sen preocuparnos moito co reloxo. Aos poucos metros, adiántanos o globo de 3h00 e vemos que vai un pelín máis rápido do que se esperaría. Nós imos ao noso.
Primeiros quilómetros por Samil... e cáenseme do bolsillo os tres xeles que levo (no
km 3). Volvo para atrás, recólloos e continúo. Sanmikel e un grupiño lévanme uns 100m. Non hai necesidade de acelerar, así que sigo ao meu ritmo. Pouca historia durante varios quilómetros. Rodando case sempre só (un ratiño con Bea, a gañadora feminina, e outro ratiño con Manuel, do Veteranos Samil). Pero esencialmente só, con Sanmikel e un grupiño eses 100-150 metros por diante. Aplaudindo á xente que estaba nas rotondas, porque polo resto... Protección Civil e pouquiño máis. Bueno si, o resto de corredores que é inevitable saudar (
Lihto,
Jotaeme,
Anpefi,
Chamorun,
Lolinho, ...), ou tamén outras persoas coñecidas. Era como un soplo de aire fresco!
Así chegamos ao
km 13, onde facemos o xiro de 180º para volver a Samil. Acelero un pelín e pouco antes do
km 15 alcanzo a Sanmikel e outros dous rapaces. Imos 5 segundos por detrás do tempo obxectivo, é dicir... case clavados! Ademais agora é favorable. Vou moi moi cómodo, sensacións boísimas! Falamos, facemos bromas, presentámonos. Dito de outra forma, estamos disfrutando.
Entramos de novo en Samil e pasamos a
media maratón en 1h29'12". Isto pinta moi moi ben!
Acercámonos ao xiro de 180º en Samil, e xa vemos un montón de xente! Eses segundos van ser espectaculares!
Amina,
Doctor Slump,
Xb74 co cencerro e todo Melide,
Mon,
Chancletas,
Antón, compañeiros do Carma,
Pi,
Banderas, ... Unha pasada!!!
Fago o xiro con Sanmikel. Aplausos, saúdos, fotos. Todo é de película!
Pero 200 metros despois sinto que o xemelgo dereito (o do aquiles) se me contractura (o xiro fíxeno moi rápido e forzando a postura un pelín). Dou uns saltitos coa perna esquerda e golpeo o xemelgo. De peito ía de fábula, e muscularmente tamén ata ese momento. O aquiles si que o sentía, unha pequena molestia, non debería nin dicilo. Pero o do xemelgo non pintaba ben. Sigo uns metros... e fai o amago de que se me sube. Decido parar e estiro durante uns 10-15 segundos nunha farola.
Volvo a ir só. Deixamos Samil atrás e xa é o
km 22, queda un mundo, pero as sensacións co xemelgo melloran. Acelero un chisco e alcanzo a Sanmikel e otro rapaz que ía con nós. Sigo atopándome moi ben, agás o xemelgo que o noto cargado, pero non como antes. De feito comezo a tirar eu, imos a 4'10"/km máis ou menos. Pasan os quilómetros e acercámonos ao globo.
Xusto no final da subida a Mide, no
km 27, súbeseme de novo o xemelgo e paro. Volvo a estirar, agora uns 30 segundos. Resoplo e a cabeza comeza a dar moitas voltas. Volvo a correr e as sensacións son moi malas.
Pasan os quilómetros e non mellora, pero polo menos está estancado. Volvo a retomar ritmo (4'07"-4'11"), como íamos antes. Aínda que Sanmikel xa está 200m por diante. Eu teño que ir ao meu.
Acercámonos á baixada a praia América, e aparece un chisco de nada o vento. Aínda así, vou acercándome a Sanmikel e ao globo moi pouco a pouco. Pasan os quilómetros e xa estamos na baixada á praia,
km 33. Deixome levar para non forzar, pero xusto na subida do pavillón contractúraseme máis. Miro o reloxo e boto contas. Vou para 2h57' alto ou 2h58' baixo. Non podo arriscar nada. De peito noto que xa van trinta quilómetros, pero vou moi ben. Aínda que iso da igual, porque se o xemelgo segue así vou ter que parar e andar. Entón é mellor regular e intentar xestionar ben. Intento coidar todo o que podo a forma de correr (zancada moi pequeniña) e ir rapidiño pero sen arriscar nada nada.
Miro que
Sanmikel adianta ao globo. Vamos Óscar!!! "Baixar de 3h vaiselle quedar curto", penso.
Estamos en praia América, pouco vento para estar alí. O tempo que estamos a ter é espectacular! Eu sigo ao meu ritmo. Agora xa vou a 4'15"/km segundo arriba ou abaixo.
Comezo a darlle voltas a que pasará en Monte Lourido. Chego alí e subo con moita calma: 4'20", 4'30"... Agora a baixada! Disfruto dos gaiteiros, da xente animando. Pero logo está o peor, a subida de 300m ata volver á estrada. Aí comezan a notarse os quilómetros e xa non vou tan cómodo. Sen esquecer o xemelgo claro. Porque xiro á dereita e novo miniamago. Pequeno, pero o xusto como para que me entre o medo no corpo de novo. Todavía é o
km 38.
Chegamos á Ramallosa no
km 39, intento animar, facer coñas coa xente que ve a carreira, coas persoas voluntarias. Teño que evitar pensar no xemelgo. Ese quilómetro 39, o
km 40 e o
km 41 saen en 4'18", e o xemelgo parece controlado máis ou menos. Vamos!
Pasamos Santa Marta, está feito! Recta de meta. Meus pais, coñecidos... Aquí si que hai ambiente!
Miro o reloxo ao fondo, 2h58'. Obxectivo conseguido! Vou baixar! Reláxome e disfruto da chegada.
Tempo neto: 2h59'07"
Tempo oficial: 2h59'11"
Posto final: 58
Si! Conseguino!
Vexo a
Sanmikel! Abrazámonos! Salto enriba del e cólleme no colo! Isto é unha pasada! Dime que fixo 2h56' como se fose calquera cousa. Cóntame que entrou coa filla. Chegan compañeiros cos que compartimos momentos da carreira. Algúns coñecidos, outros non. Pero esta maratón se algo é, é emoción!
Quedámonos uns minutos na meta. Saboreándoo. Estou moi contento, pero cunha sensación rara. Sinto que me salvei dunha boa. Estou máis contento por como xestionei a carreira que polo tempo. Como dixen onte, isto é como unha novela curta de varias horas. Isto é a maratón!
Abastecemento, máis coñecidos, charlas, comentarios. E retirada, que o frío pela e a chuvia amenaza.
-----------
En resumo:
Moi contento coa carreira. Tanto polo resultado (un novo sub3h) como por como foi (cousas así poden pasar). As 14 semanas de preparación foron raras como explicaba estes días, e evidentemente non chegaba nas mellores condicións. Así que precisamente por iso teño que saborear ben esta maratón.
Xa son 9 as maratóns que corrín. A seguinte? A seguinte non sei, pero agora toca descansar e recuperar o aquiles ben (penso que é o causante dos calambres). Unha semana mínimo parado sen facer nada, e despois seguramente evite correr durante un tempo para intentar recuperarme ben. Xa o pensarei.
-----------
Pouco máis. Agradecer todos os ánimos aos que vos pasáchedes polo diario nos últimos días. Ademais de todas as persoas que xa mencionei na crónica, hai moitas outras. Como os ánimos de
Govi, por exemplo. Moitísimas grazas a todos, de verdade!
Así como aos fotógrafos das fotos! Tanto as imaxes de Faro de Vigo, Metropolitan ou as propias da organización da VigBay, como as que con todo o cariño fixeron
Chancletas,
Pi,
Banderas,
Govi,
Lisi,
Amarra e moitos outros. Grazas!
Por último, quero felicitar a todas aquelas persoas que corríchedes hoxe (fosen á media ou á maraton), mostrar o meu asombro aos tolos como
Lihto ou
Jotaeme que correran o domingo na Coruña.
Pero sobre todo, merece unha mención especial
Sanmikel!
Espectacular! Merécelo
Última edición por sonsuso o Lun, 08 Abr 2019, 18:41; editado 1 vez