Lun, 22 Abr 2019, 13:13
Asunto: Re: Campeonato de España máster de medio maratón (25/05/2019)
Ya hay reglamento,he completado la info de la carrera en el calendario,ya abrieron inscripciones,os dejo aquí lo importante :
Os Concellos de Cariño e Ortigueira e a Federación Galega de Atletismo organizan, o vindeiro sábado 25 de maio de 2019, o I Medio Maratón Ortegal21k, que será á súa vez Campionato de España de Medio Maratón Máster 2018/2019 e XXIX Campionato de Galicia de Medio Maratón.
A proba disputarase sobre unha distancia homologada de 21.097,50 metros.
A saída da proba terá lugar ás 17.00 horas desde a Alameda, no Concello de Ortigueira. Os corredores que o soliciten serán trasladados en autobuses dende o Concello de Cariño cara á saída en horarios a determinar nunha circular da proba.
O percorrido consistirá nunha saída desde a localidade de Ortigueira e un traxecto lineal ata o Concello de Cariño. O circuíto estará homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA).
Inscricións populares: ata o mércores 22 de maio ás 23.59 horas.
A inscrición para os Campionatos de España e de Galicia realizarase no ligazón RFEA máis información do Campionato (Circular 50-2019)
Os/As atletas que participen nos Campionatos, non poderán optar a ningún premio popular, se non fan o abono da cota da inscrición popular na carreira Medio Maratón Ortegal21k.
Retirada de dorsais: Informarase proximamente sobre os lugares e horarios para a retirada de dorsais e a bolsa do corredor.
Servizos: A organización poñerá a disposición das persoas participantes dun servizo de transporte entre os dous Concellos, tanto previa á saída como posteriormente á entrega de premios. As persoas participantes dispoñen dun servizo de gardarroupa na saída e na meta, así como servizo de duchas e vestiarios.