Lun, 08 Abr 2019, 10:33
Asunto: Re: I Maratón Vig-Bay, motivo da XX Media Maratón 07/04/19
Experiencia fantástica! A verdade é que o percorrido é fabuloso (o gran problema e que o precioso segundo tramo da media pasa a ser o último tercio da versión maratón, e nese momento non todos temos a cabeza no sitio para "disfrutar"...). Moi bo traballo da organización, sorprendeume a cantidade de veciños que animaban desde o primeiro momento (moi emocionante o xiro en Samil no km. 22, con toda a xente animando). Os últimos metros en Baiona foron moi épicos e a verdade é que tivemos a gran zafada co tema do clima, despois de tantos nervios por aquí!!
Os únicos "peros" que podo dicir son o tema das duchas (tocoume as do campo de fútbol e estaban frías, frías; non foi nin a primeira nin a última vez na miña experiencia de carreiras populares, pero despois dun maratón, toca a moral jajaja); e a medalla, que vaia, non deixa de ser un detalle, pero ata me gustou máis a que lle vin á xente da media. Despois (e xa falando de temas máis importantes) imaxino que tomarán nota do que xa se comentou por aquí (o dos contenedores ou os baños...)
Gracias os organizadores por montar esta gran festa maratoniana, parabéns polo gran traballo!! Gracias a todos os que participastes neste fío, noraboa os finishers e moita sorte ós da C42 para este domingo!!