Dom, 07 Abr 2019, 21:50
Asunto: Re: Diario de "A fume de carozo" by pepemanba especial VIGBA
I Maratón VigBay 2019
Pasou o día, pasou a romería! Ó final o tempo respetou moito, moitísimo a celebración do
primeiro maratón VigBay 2019 e desde a primeira hora da mañá o ceo estaba bastante despexado. Despois da foto de rigor con
Abel Caballero (o deste home é incríble) e co resto de Beerrunners de Coruña e Vigo, tomamos a saída nun día para facer historia. Despois de abordar cun ritmo forte o primeiro tramo do maratón ó carón de Fito, tocou unha segunda parte de carreira pola miña conta.
Despois de momentos de dúbida nos derradeiros quilómetros, pensando ou non en rebaixar o ritmo ata chegar a camiñar, ó final resistín a tentación, subindo e baixando o
monte Louredo e despois de transitar na longa entrada a Baiona. Unha marca máis no meu cinturón de maratóns con final feliz, baixando a miña mellor marca persoal en 20 segundos (que non é marca menor, ou dito doutro xeito que diría Mariano, é marca maior).
Moitas gracias os que vos pasastes por este diario durante estas semanas!!