Foros ›
Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 07 Abr 2019, 22:02
Asunto: Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):PECHADO

CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA 2019
Domingo 21 de abril de 2019


Que se sortea?
2 dorsais: 1 para a distancia de 3km e 1 para a distancia de 10km

IMPORTANTE: é imprescindible indicar a cal das distancias se opta!
De non indicar a distancia, a mensaxe non será válida.


Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: Santa Comba, 21/04/2019.
Web da carreira: eventos.emesports.es/i...mp;lang=es
Enlace ao calendario: www.correrengalicia.or...e=20190421
Enlace ao fío do foro:
www.correrengalicia.or...mp;t=21506

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o 08/04/2019 ao 11/04/2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito 11/04/2019. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (08/04/2019 ao 11/04/2019). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Lun, 15 Abr 2019, 8:39; editado 1 vez
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 10:16
Asunto: Re: Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):ata11/04

Ola , gustariame participar no sorteo desta carreira para a distancia 10k. Nunca participei nunha carreira nese pobo, e non estaría de mais probar algo novo. un saudo
jarr

Maratoniano
Maratoniano
21/04/12
0 Carreiras
37 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 08 Abr 2019, 19:20
Asunto: Re: Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):ata1

Hola, quiero participar en el sorteo de esta CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA los 10 kilómetros, me siento Xalleiro de adopción y ya he corrido por aquellos lares en otras ocasiones. Recuerdo la última edición que corrí allí; fue una tarde en la que se desencadenó el diluvio universal. Muy raro por que por la zona apenas llueve. Jajaja Sería un placer correr de nuevo por aquellas tierras.
Saludos
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1935 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Mar, 09 Abr 2019, 7:27
Asunto: Re: Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):ata1

Gustaríame participar no sorteo de dorsal, para a distancia de 10 kms.

Teño gañas de estrear esta prova, que queda cerquiña da casa e promete ser diferente. De momento están a moverse moito coa su a promoción, así que, haberá que ir por alí.

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
marcerp

Maratoniano
Maratoniano
27/10/14
145 Carreiras
9 Mensaxes
Santa Comba
Respostar citando Envío Mar, 09 Abr 2019, 13:25
Asunto: Re: Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):ata11/04

Gustariame participar para o sorteo do dorsal para a proba de 3k.
Son xalleiro de nacemento e sería un honor participar nesta proba
chancletas

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/02/10
0 Carreiras
179 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 09 Abr 2019, 13:38
Asunto: Re: Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):ata11/04

Boas! Gustaríame participar na carreira de 10 kms.

Os motivos polos que me gustaría participar e porque estou voltando de unha lesión e me parece unha boa data para ir en plena semana santa e as características da carreira me parecen moi curiosas.

gracias.
Craseski

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/10/14
0 Carreiras
178 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2019, 10:56
Asunto: Re: Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):ata11/04

Voy a probar suerte!
Me gustaría participar en el sorteo del dorsal de 3 Km
Al ser una carrera nueva no se nada de la misma, aun así la organización parece que se lo va a currar
este año le he cogido el gusto a esta distancia y seguro que va a ser una carrera muy divertida

Un saludo y suerte
Kurty

Experto no foro
Experto no foro
26/03/05
492 Carreiras
3772 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 10 Abr 2019, 18:32
Asunto: Re: Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):ata1

Quero participar no sorteo do dorsal para a carreira de 10 Kms.

Eu como todos, non teño nen idea desta carreira, xa que ao ser unha 1ª edición imos ir a cegas.
Eu correra hai uns anos en Sta. Comba o día que nos caera o diluvio universal, non sei se o percorrido terá algo que ver con este, pero aquel tamén alternaba asfalto e terra e recordo que era bastante entretido.

Se me toca ben, e se non espero ser da partida igualmente.
NICOBOHEMIO

Foreiro infantil
Foreiro infantil
27/07/14
20 Carreiras
101 Mensaxes
La Coruña
Respostar citando Envío Xov, 11 Abr 2019, 9:49
Asunto: Re: Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):ata11/04

Hola me gustaría participar en el sorteo para participar en el 10k, nunca participé de esta carrera por lo que me hace ilusión ir, gracias.
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 11 Abr 2019, 22:03
Asunto: Re: Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):ata11/04

Sorteo cerrado, gracias por participar. Publicaremos el resultado a lo largo del viernes 12 de abril. Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 12 Abr 2019, 12:31
Asunto: Re: Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):ata11/04

Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):ata11/04

Resultado 3km: Craseski
Resultado 10km: cerqueiro9

¡Enhorabuena! Para que el premio se haga efectivo hay que enviar un correo a la siguiente dirección de email:

infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Nombre:
Apellidos:
NIF/NIE/Pasaporte:
Sexo:
F. nacimiento:
País donde reside:
Localización (dirección completa):
Email:
Teléfono móvil:
Federado (sí/no):
Número de licencia:
Club:
TALLA DE CAMISETA (indicar XS, S, M, L, XL o XXL):
Estás empadronado en Santa Comba (indicar Sí/No):

Es importante recordar que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos los datos, se perderá el derecho al dorsal y será repetido el sorteo entre los suplentes

Link al resultado 3km: www.sortea2.com/versor...mba_234341

Link al resultado 10km: www.sortea2.com/versor...mba_234340





Quedan fuera del sorteo NICOBOHEMIO por resultar agraciado con dorsal de otra carrera que se celebra el mismo día
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 13 Abr 2019, 22:26
Asunto: Re: Sorteo 2 dors. CLÁSICA GANDEIRA SANTA COMBA(21/04):ata11/04

Datos enviados. Moitisimas gracias Sorriso





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos