Mér, 10 Abr 2019, 10:51
Asunto: Re: C42 2019 - VIII Maratón de Coruña 14/4/19
En total 1.997 persoas participarán nas dúas probas. De cara a animar ás e aos participantes e a convidar á veciñanza a gozar do ambiente festivo e deportivo da proba, o Concello ofrecerá unha programación complementaria durante o seu desenvolvemento. Así, no Parrote, entre as 10.00 e as 14.00 horas, terá lugar unha nova edición do Garabato de Xogos, un espazo para nenas e nenos con xogos de habilidade feitos con material reutilizado. Tamén o Obelisco será o escenario, entre as 12.00 e as 14.00 horas, de concertos de tres grupos dos Locais de Ensaio municipais. O primeiro en actuar será o sexteto de pop rock Sala5, que leva 3 anos xirando por todo o país. A continuación, terá lugar o concerto de Theta Waves, formación que se move entre os estilos punk e grunge e, finalmente, as gañadoras do concurso do último Festival Solidario Coruña en Directo, Crimson and Clover, ofrecerán unha proposta ateigada de rock dos 70.
A praza de María Pita, espazo no que se situará a meta e a entrega de premios --ás 12.00 horas da 10K, e ás 14.15 horas do Maratón Atlántica e do Campionato Galego Absoluto e de Veteranos individuais e de clubs--, tamén contará con animación que ofrecerá a compañía Circo Chosco, entre as 12.30 e as 13.30 horas aproximadamente. O espectáculo Forzu2, ateigado de humor, ofrecerá acrobacias aéreas, malabares imposibles e lume."
Todo esto...a partir de las 12 y....en el obelisco??? No entiendo nada....