mac-ray escribió: |
Papero, de toda a vida nas populares se puito anotar ata os últimos minutos das carreiras, hoxe en día, por mor da dixitalización, mercar agasallos según número de participantes etc... estase deixando de facer nalgunhas probas, pero eu sempre aplaudo que oferten esta posibilidade, da que eu mesmo me teño aproveitado, imaxina que estás de turismo e atopas unha popular e che apetece correla ? Penso que porque nunha proba deste tipo se permita en casos excepcionais algo así debe ser visto de forma positiva, o campionato é cousa aparte, pero unha popular... |
Galia escribió: |
Bos días, a min paréceme ben, sempre e cando apareza no regulamento. A min onte sentoume fatal perder o terceiro posto por aparecer unha máster 1, de non sei onde, porque non estaba nin na lista de inscritos, nin na de saída, cousa que non reclamei por non comprobar no seu momento, xa que tiña o móbil no coche e non quería demorarme moito en marchar x ter outros compromisos na tarde, culpa miña x non facelo pero confiei no bo criterio da federación nese intre, e pensei que non vira ben as persoas inscritas...son cousas que non se deben facer...e iso que foi unha popular e non pasa nada pero fastidia un pouco si, e bou facer escrito a federación para que conste e informar para qué non volva a suceder e se ten q ser q sexa oficial |