Xov, 11 Abr 2019, 16:04
Asunto: Re: Diario de Sonsuso
Moitas grazas a todos polos vosos comentarios!
O certo é que si, esa foto final resume todo. Sensacións e sentimentos que conflúen nese momento. Saiu así, espontáneo e natural. O das cervexas das fotos que hai no diario de Sanmikel... Iso xa foi todo postureo jejeje
Pouquiño que comentar, que tampouco quero alongarme moito (por iso non menciono a ninguén, que normalmente gústame facelo). Agradecervos as felicitacións a todos e os ánimos, tanto aos que comentáchedes aquí como os que me faláchedes por outras vías. Ao final aquí somos como unha pequena familia, poñéndonos caras ou non, pero a un non lle importa perder o tempo en escribir aquí co bo ambiente que hai.
Así que
mil grazas a vos!
E pouquiño máis...
Tan só responder a
Sanmikel. Como xa llo dixen a el, para min foi un placer compartir xuntos esta viaxe que comezou hai semanas. Non é nada fácil debutar en maratón, coas molestias que tivo todos estes meses, e facer o que fixo. Era o seu día, e vaia se o aproveitou! Se a alguén lle tiña que saír unha carreira así, era a el. Merecíao. Moitas grazas polas túas palabras, que son recíprocas Óscar, pero permitíchesme ser parte da túa aventura e disfrutar dela. Porque ao final esa foto reflexa un todo que conclúe cunha victoria triunfal, na que uns (coa nosa historia particular) non fomos máis que escudeiros. Eu non entendo as maratóns como saír a facer certo tempo e punto, senón que cada unha ten as súas particularidades e motivacións. Por iso me gustan tanto e por todo o que xa expliquei esta non puido saír mellor.
O dito Óscar, moitísimas grazas por todo e... e xa avisarás de cando fas a seguinte, que para aquela eu non me quedo atrás eh! Que eu tamén te aprezo moito, pero iso de que teñas mellor marca ca min cunha sóa maratón e eu nove é inaceptable!
jejeje
Apertas amigo!