Mar, 16 Abr 2019, 21:35
Asunto: Re: C42 2019 - VIII Maratón de Coruña 14/4/19
Co permiso d@s maratonianos, que son @s verdadeiros protagonistas, gustaríame facer a miña crónica persoal de como vivín esta Maratón dende fora, por así decir.
O domingo madruguei máis do normal, e medio trasnoitei con certo nerviosismo, (se non me equivoco esta é a miña décima carreira e nunca antes me afectou no sono). Estaba claramente "contaxiado" polo nerviosismo, emoción, importancia que se levaba palpitando en torno á maraton neste foro.
Unha vez chegado ao obelisco, presenciei e animei na saída xunto ao foreiro DieggoKasas (ao que coñecin o sábado na quedada previa) e fíxenlle unha confesión, unha premonición : "Aínda que Laura (Amina) debuta, véxoa con posibilidades de podium da súa categoría". El asentiu. E o pronóstico cumpliuse.
Desexámonos sorte para a nosa 10K, obviamente tiñamos 2 obxectivos distintos, nada que ver.
Fixen o 10K, nada detacable que comentar, tempo moi discreto, pero boas sensacións, vou mellorando.
Unha vez rematei e me duchei, quedei no arco de meta presenciando a entrada dos keniatas, e dos consecutivos que van chegando.
Miro o reloxo do arco, 2h50, póñome nervioso, dentro de min pensando vamos Fran... Vamos Fran... VAMOS..
2h 55min empezo a angustiarme, vamos Fran...
2h 58min vexo a Fran entrando na praza, e de dentro saiume un berro "Vamos Fran Si SEÑOR ES TUYO LO TIENES! "
Funo felicitar e acto seguido fun animar a distintas zonas do percorrido camiño da miña casa, e tiven sorte de poder darlle algo de ánimo e alento a algún que outro foreiro.
Xente dispersa animando en varias zonas, eu mismamente me emocionaba con esos ánimos, sentir esa enerxía fluir.
Tamen me emocionaba con cada entrada en meta dos maratonianos, caras de alegría, de sufrimento, de agonía, de superación... Cada entrada que vin, independentemente do resultado, transmitía parte dunha historia, parte da súa historia persoal.
Así mismo sentía no meu camiño de volta c@s martonian@s aos que animaba, cada un e cada unha nesos derradeiros km, por Juana de Vega, por Riazor...parecían transmitir parte da sua historia.
Digo e penso, que se palpaba certa enerxía no ambiente, que emanaba de cada un.
Ao final son máis de 600 enerxias, 600 historias de superación persoal, xente, familiares, amigos, coñecidos e anónimos animando, retroalimentando enerxias.
Algo espectacular que hai que vivir, que hai que sentir.
Oxalá este sentimiento chegue a máis xente. Oxalá se animen máis corredores e corredoras a probar a maraton atlántica, pero o fundamental que desexo e pido, oxalá se anime máis a xente a ser partícipe, a ser público, a animar, a ser o combustible que tanto precisan os corredores.
Porque cada aplauso, cada palabra de ánimo conta.
Admírovos maratonian@s.