Lun, 29 Abr 2019, 12:39
Asunto: Re: VII CARREIRA CONCELLO DE OROSO 27/04
Carreira chula e estraña.
Sábado pola tarde, dúas voltas, bo tempo, perfil non extramadamente esixente...a priori todo parecía que ía ser unha carreira rápida...pero o "apriorismo" tardou 1 km en mudar.
Non é que sexa unha carreira dura pero sí difícil de correla rápido.
Eses continuos "tobogáns" non che deixan descansar en ningún momento. Cando subes non queres perder moito ritmo e sabes que si "levantas" moito o pé despois nons vas ser quen de recuperar.
Pero é que ademáis, nas baixadas tampouco é que te deixes ir por senón non descontas o que perdiches subindo...
É desas carreiras que sen ter un motivo claro e rotundo resultan máis duras do que deberían ser sobre o papel.
Con todo moi recomendable polo que xa se ten dito: -servizos, organización, contorna, etc...