Lun, 13 Mai 2019, 12:15
Asunto: Re: XVI edición da Carreira Popular de O Pino - 11/05/2018
Últimamente parece que se me dou polas carreiras que "evolucionan a súa dureza".
Se ti as ves sobre o papel e incluso despois de correlas...pois non hai unhas costas terribles, o perfil e levadeiro, pero despois
Sexa como fóra o caso é que me gustou moito esta carreira.
Cheguei co tempo xusto de coller o dorsal e trotar un pouco. Calentar o que é calentar xa quencía bastante por si solo, así que só refrescarse na fonte e solta-las pernas esperando a saída.
Sabía que eran dúas voltas pero non coñecía o circuito e tampouco me preocupei moito de preguntar perfiles e demáis.
A idea era "darlle" e seguir acumulando quilómetros e ritmos esixentes. A min axúdame moito ter referencias da xente que anda como min pero acó atopeime con moito clube e moito nivel pero "refencences" máis ben poucas.
Saímos cara arriba e retorcemos un pouco, desas costas que van culebreando e facéndose máis duras a cada volta. Ti pensas "despois da curva toca recta", a realidade e que despois da curva ven outra curva e despois xa se verá.
Pasamos a súbida inicial e iniciática e ven unha especie de falso llano. Deses llanos cachondos (véxase Salesianos no C 10 ou no C 42 de Coruña) que se non das zapatilla non te moves e ahí me dou conta de :
-o nivelazo da xente (notase cando hai premios e clasificacións por equipos) íamos a 4:00 4:05 (costa included) e ía máis ou menos na metade da clasificación. (Ndt.- nos 3 últimos anos o nivel d@s populares subio considerablemente ou só mo parece a min?)
-que coa "caló" que ía, sería mellor facer a primeira volta algo máis reservón e apretar na segunda.
No segundo quilómetro empezo a adiantar algúns postos, xusto cando comezan os tobogáns de pistas forestais. Parece que vou atopando o ritmo (digo parece porque aínda que vou adiantando xente tamén é certo que o ritmo medio vai subindo).
E no quilómetro tres cando, por fin, vexo unha referencia válida, desas que levas anos á par.
Tamén vexo un grupo de 4 corredores do Pino que van xusto detrás dela.
Cómo son moito de inventarme retos durante as carreiras (dalgún xeito hai que enganar ao coco) penso en primeiro intentar coller ós do Pino e despois xa se verá.
Vou recortando e case o comezo do quilómetro cuarto, cando se entra outra vez no asfalto, consigo poñerme detrás.
Recupero un pouco e na costa abaixo previo ó paso por meta consigo adiantalos.
Paso por meta controlando o ritmo medio e
xa me dou conta que fun por enriba do que quería.
Empeza a segunda volta e xa vexo que os 100 metriños de subida previa ao paso por meta me van penalizar (que se lle vai facer son moi caneco coas costas) así que non entro o meu auto-trapo de intentar recortar os segundos que perdín.
En vez de facer tolemias, decido centrarme en rematar a costa e recortarlle á miña referencia.
Pouco a pouco, curva a curva, tobogán a tobogán póñome á súa altura pouco antes do quilómetro 6.
Uns metros de recuperación e volta a seguir tirando.
Atópome ben, sigo pasando xente pero tamén vexo que xa non vou ser capaz de "apretar" máis, só de manter.
Achégaseme un corredor doutro clube e dime que vaiamos a relevos, que entre dous mellor e todo iso. Pero sinceramente sei que vou xusto e el parece que aínda ten "chispa".
Adentrámonos outra vez na parte de monte e imos case máis á par que dando relevos. Non é que non nos entenderamos, pero, ás veces, a cabeza quere e o corpo non.
Sei que os catro corredores do Pino veñen detrás, e sei que este quere chegar diante (clasificación por equipo habemus) e por saber tamén sei que cando cheguemos de novo ao asfalto...zapatilla.com....ergo, vou pensando en non afloxar nesta parte durecha e despois xa veremos como facemos.
E efectivamente, chegamos ao asfalto e xa se abren as portas do inferno. Dunha banda "que ben que queda menos dun quilómetro e ademáis favorable", doutra "miña nai, non podo máis e agora non me vou deixar pillar"... a historia de sempre que todos sabemos.
Braceo, zancada, cabeza arriba, apretando, correndo máis con corazón que con pernas e chegamos á baixada...pegadiño coma unha lapa ó meu compañeiro.
Acaba a baixada e comeza unha recta previa á meta. O que ata entón era o meu compañeiro-inseparable mira para atrás e ve que os do Pino seguen aí....REVOLUCIÓN acelera e déixame claramente.
Non teño nada que perder así que apretón final e polo menos que non me pillen a min...e así entro en meta nada entre augas de dous clubes e contento por ter rematado.
O Despois xa o sabedes, auga, ducha, cervexa, correr cos cativos, contar batalliñas, buscar sitio para cear algo e agradecerlle moito aos organizadores que non permitan desfrutar destas carreiras.
Saúdos.