Dom, 12 Mai 2019, 20:07
Asunto: Re: VI Circuito de Carreiras Correndo pola Costa da Morte 20
Pois, si que houbo cambio de percorrido, 10 kms. a unha soa volta, se o anterior era duro, a este tamén lle chega, ou pode ser que a tolemia de calor que padecemos, non me faga valoralo na sua xusta medida, aféctame en demasía o calor.
Se antes saiamos para riba, agora facémolo cara abaixo, primeiros 4 Kms. rápidos, sobre todo os 2 primeiros, e despois ven un sube baixa constante, por estradas secundarias, nas que non pillamos nada de sombra.
Eu a partir do 6, xa vin que o meu corpo empezaba a sufrir, e no 7 desconectei en certa medida, xa que a tendencia do perfil era de subida, e decidín acabar como boamente puiden, para chegar a meta cun único desexo, atopar unha sombra e por suposto beber.
Un bo número de chegados a meta, 243 en total facendo eu o 103, polo que satisfeito ca carreira.
Reiterome no publicado hai uns días, en Maio (mes tolo climatoloxicamente falando), pódeche sair un día de moita calor coma hoxe, e as 12, non son horas.
E outra cousa para a organización, de luxo coma sempre no circuito da Costa da Morte, as previsións para hoxe, eran de moita calor, polo que se podería habilitar outro avituallamento, facelos no 4 e 7 por exemplo.
Un saudo e o día 17 toca correr na casa en Outes.